Mármore: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: ur:سنگ مرمر |
m bot Engadido: br:Marbr |
||
Liña 28: | Liña 28: | ||
[[ar:رخام]] |
[[ar:رخام]] |
||
[[bg:Мрамор]] |
[[bg:Мрамор]] |
||
[[br:Marbr]] |
|||
[[bs:Mramor]] |
[[bs:Mramor]] |
||
[[ca:Marbre]] |
[[ca:Marbre]] |
Revisión como estaba o 12 de setembro de 2009 ás 11:27
O mármore é un tipo de rocha compacta formada a partires de rochas calcarias que, sometidas a elevadas temperaturas e presións, acadan un alto grao de cristalización. O compoñente básico do mármore é o carbonato cálcico, cuxo contido supera o 90%; os demais compoñentes son considerados impurezas, sendo estas as que nos dan a grande variedade de cores nos mármores, e definen a súa características físicas. Tras un proceso de pulido por abrasión o mármore acada un alto nivel de brillo natural, é dicir sen ceras nin compoñentes químicos. O mármore emprégase principalmente na construción, decoración e escultura. Ás veces é translúcido, ou de diferentes cores, entre as que son máis frecuentes atópanse o branco, o marrón, o vermello, o verde, o negro, o gris, o azul, o amarelo. Tamén pode presentar unha coloración uniforme, xaspeada (a salpicaduras), veteada (tramado de liñas) e diversas configuracións ou mesturas ente elas.
- Con frecuencia outros minerais aparecen xunto á calcita formando o mármore, como o grafito, clorita, talco, mica, cuarzo, pirita e algunhas pedras preciosas como o corindón, granate, zirconita, etc.
- Aténdose ao concepto mineralóxico, (non ao artesanal) só se consideran mármores aos agregados granoso-vítreos, formadas basicamente por carbonato de calcio e con trazas máis ou menos significativas de carbonato magnésico (mármore dolomítico).
- Na natureza, o mármore, atópase en aglomerados irregulares no seo da rocha cristalina primitiva, (onde forma xacementos irregulares que con frecuencia resultan ser filóns ) e menos frecuentemente formando estratos (en capas).
- O principal produtor de mármore mundial é Novelda na provincia de Alacante, cidade coñecida como O País do Mármore.
- É famoso o mármore branco de Carrara en Italia.
- Ademais dos anteriores existe un mármore branco de grande calidade e con denominación de orixe moi valiosa e famoso, o cal atópase en obras tan importantes como o patio dos leóns na Alhambra de Granada. Este mármore, é o de Macael na provincia de Almería, cidade coñecida como "cidade do ouro branco".
Orixe
O mármore é unha rocha metamórfica resultante do metamorfismo da rocha de carbonatos sedimentaria, así como calcaria e pedra de dolomita, ou tamén pode provir dun mármore máis antigo. Este proceso de metamorfose causa unha completa recristalización da rocha orixinal nun mosaico entrelazado de calcita, aragonito e cristais de dolomita. As temperatura e presión necesarias para formar mármore destrúen usualmente os fósiles e as texturas sedimentarias presentes na rocha orixinal.
O mármore branco puro é o resultado do metamorfismo de calcarias de gran pureza. Os característicos remuíños y veas dos mármores coloreados son debidos normalmente a diferentes impurezas minerais, como arxila, limo, area, óxido de ferro, ou rochas silíceas como o xaspe, o sílex, cuarzo, ópalo) que están orixinalmente presentes como grans ou capas na pedra calcaria. A coloración verde é normalmente debida á serpentina resultando do alto contido orixinal de magnesio da calcaria ou a dolomita coas impurezas de sílice. Estas impurezas son movilizadas e recristalizadas pola calor e as elevadas presións do metamorfismo.
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mármore |