Serpentina
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
| Serpentina | |
|---|---|
Serpentina coa súa típica cor verde escura | |
| Información xeral | |
| Clase | Silicatos |
| Subclase | Filosilicatos |
| Sistema cristalino | Monoclínico |
| Propiedades físicas | |
| Cor | Branca, verde escura, vermella, parda e negra |
| Brillo | De graxo a terroso |
| Dureza | 2,5 |
| Exfoliación | Diferente segundo a variedade |
| Fractura | Diferente segundo a variedade |
| Raia | Verde escura |
| Densidade | 2,5-2,6 g/cm3 |
| Propiedades ópticas | |
| Clasificación | |
| Outros datos | |
| Referencias | |
A serpentina (do latín serpens pola semellanza dalgúns exemplares coa pel dunha serpe) constitúe unha serie de minerais da clase dos silicatos cuxa fórmula química é (Mg,Fe,Ni)3Si2O5(OH)4.
Aspecto
[editar | editar a fonte]É raro que a serpentina apareza en forma de grandes cristais.
Variedades da serpentina
[editar | editar a fonte]Segundo a súa coloración e mínimas diferenzas de composición pódense diferenciar varias clases de serpentina:
- Antigorita, de cor verde escura.
- Amianto, formado por fibras finas e paralelas e dunha cor normalmente máis branca.
Outras clases de serpentina son a serpentina corrente (de cor negra), a serpentina nobre (de cor verde amarela) e a serpentina masiva (de cor verde e utilizada como pedra ornamental).
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]A serpentina preséntase en xacementos de tipo sedimentario formando grandes extensións consideradas rochas de serpentina.
Podemos atopar serpentina nos cantís do Cabo Ortegal (A Coruña).
Usos da serpentina
[editar | editar a fonte]O seu uso máis destacado é o de pedra ornamental para a fabricación de adornos e esculturas.
Outros silicatos
[editar | editar a fonte]Outros silicatos importantes son o cuarzo, a mica, o feldespato e a olivina.
