Conversa:Mármore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Galeguizar[editar a fonte]

Reparei no anuncio de galeguizar neste artigo feito hai anos por outro editor e estrañoume. Galicia non é famosa por ter canteiras de mármore. Na lista das 71 canteiras de mármore españolas, en Galicia figura unha en Moeche, A Coruña coa indicación "mármore verde Pirineos". Nunca na vida oín falar dela, polo que non creo que sexa importante nin relevante na economía galega e non sei sequera se está hoxe en explotación (pero pode ser que sexa ignorancia miña). No libro "Guía dos minerais de Galicia" que teño eu (edición de 1990 e, por tanto, non actualizada) menciónase a presenza de mármores en Mondoñedo, Moeche, Portomarín, en O saviñao e Viana do Bolo, todo con escasa relevancia, que non se explotaron ou deixaron de explotarse. Engadirei este dato. As calcarias teñen certa importancia, pero o mármore é irrelevante. Menciónanse no artigo as explotacións de Alicant e Macael, que teñen importancia mundial. Engadín un parágrafo cos maiores produtores mundiais (China, India, Italia, España...). Non sei como se pode galeguizar máis este artigo; se fose sobre o granito ou a lousa sertía doado, pero sobre o mármore non tanto. Non sei se con isto se pode retirar xa o aviso de galeguizar o artigo?--Miguelferig (conversa) 6 de setembro de 2013 ás 00:26 (UTC)[Responder]

Retirado; Grazas, Miguel! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de setembro de 2013 ás 11:21 (UTC)[Responder]