Clorita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clorita

Clorita é o nome xenérico de numerosos aluminosilicatos do grupo dos filosilicatos,[1] silicatos hidratados de aluminio con ferro e manganeso. Nalgúns deles predomina o ferro, mentres que noutros é máis importante a presenza de manganeso e doutros metais.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo clorita procede do grego χλωρος, chlōros, "verde", en alusión á cor predominante en todos os minerais deste grupo.[2]

Orixe[editar | editar a fonte]

Son minerais de orixe metamórfica,[1] que cristalizan no sistema monoclínico e que se encontran en forma de láminas flexíbeis de cor verde. Fórmanse por transformación ou alteración da auxita, a biotita e a hornblenda.[3]

Minerais do grupo das cloritas[editar | editar a fonte]

Os minerais máis comúns do grupo son o clinocloro, a pennantita, a filita e a chamosita, aínda que se describiron gran número deles.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para clorita.
  2. Clorita en Definiciona.
  3. 3,0 3,1 Klein & Hurlbut 1993, pp. 500-501.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]