Óxido nitroso: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: uk:Закис азоту |
m bot Engadido: sl:Smejalni plin, th:ไนตรัสออกไซด์ Modificado: ar:أكسيد النيتروس |
||
Liña 109: | Liña 109: | ||
[[Categoría:Óxidos]] |
[[Categoría:Óxidos]] |
||
[[ar:أكسيد |
[[ar:أكسيد النيتروس]] |
||
[[bg:Диазотен оксид]] |
[[bg:Диазотен оксид]] |
||
[[bs:Dušik suboksid]] |
[[bs:Dušik suboksid]] |
||
Liña 136: | Liña 136: | ||
[[simple:Nitrous oxide]] |
[[simple:Nitrous oxide]] |
||
[[sk:Oxid dusný]] |
[[sk:Oxid dusný]] |
||
[[sl:Smejalni plin]] |
|||
[[sr:Азотсубоксид]] |
[[sr:Азотсубоксид]] |
||
[[sv:Lustgas]] |
[[sv:Lustgas]] |
||
[[th:ไนตรัสออกไซด์]] |
|||
[[uk:Закис азоту]] |
[[uk:Закис азоту]] |
||
[[ur:Nitrous oxide]] |
[[ur:Nitrous oxide]] |
Revisión como estaba o 26 de maio de 2009 ás 18:45
Xeral | |
---|---|
Nome | Óxido de dinitróxeno |
Fórmula química | N2O |
Apariencia | Gas incoloro |
Físicas | |
Peso molecular | 44.01 uma |
Punto de fusión | 182,29 K (-90,86 °C) |
Punto de ebullición | 184,67 K (-88,48 °C) |
Temperatura crítica | 309.6 K (36.4 °C) |
Presión crítica | 7.245 MPa |
Densidade | 1,2 ×10³ kg/m³ (líquido) |
Solubilidade | 0,112 g en 100g de agua |
Termoquímica | |
ΔfH0gas | 82,05 kJ/mol |
ΔfH0líquido | ? kJ/mol |
ΔfH0sólido | ? kJ/mol |
S0gas, 1 bar | 219,96 J·mol-1·K-1 |
S0líquido, 1 bar | ? J·mol-1·K-1 |
S0sólido | ? J·mol-1·K-1 |
Riscos | |
Inhalación | Pode causar asfixia. |
Pel | Perigoso comprimido ou crioxénico. |
Ollos | Perigoso comprimido o crioxénico. |
Máis información | Hazardous Chemical Database (En inglés) |
Valores no SI e en condicións normais (0 ºC e 1 atm), salvo que se indique o contrario. |
O óxido de dinitróxeno, óxido de nitróxeno (I) ou óxido nitroso (N2O) é un gas incoloro cun cheiro doce e lixeramente tóxico. Provoca alucinacións e un estado eufórico. Por iso foi utilizado como droga nalgúns casos.
Datos adicionais
- Presión de vapor: 5080 kPa a 20 ºC
- Solubilidade en auga: 1,305 l/l auga a 0 °C; 0,596 l/l auga a 25 °C
- Concentración máxima permitida en lugares de traballo: 100 ppm
Síntese
O óxido de dinitróxeno (N2O) xenérase convenientemente pola termólise controlada do nitrato de amonio ou por reacción de amoníaco con ácido nítrico:
NH4NO3 -> 2 H2O + N2O
Hai que controlar ben as condicións desta reacción porque existe o perigo de explosión. O óxido de dinitróxeno fórmase tamén en condicións anaeróbicas a partir de fertilizantes minerais no solo. É un importante gas de efecto invernadoiro cunha permanencia media de 100 anos na atmosfera. Actualmente atribúeselle o 5 % do efecto invernadoiro artificial a este gas. Ademais ataca a capa de ozono, reducindo o ozono a osíxeno molecular e liberando dúas moléculas de monóxido de nitróxeno.
Aplicacións
O químico Humphry Davy descubriu as propiedades narcóticas deste gas no ano 1799 en experimentos co seu propio corpo. O primeiro dentista que aplicou o gas como sedativo nunha extracción dental foi Horace Wells en Hartford (Connecticut) en 1844 tras observar a actividade fisiolóxica nunha atracción de feira.
Aínda hoxe se utiliza este gas mesturado co 30 % de osíxeno como narcótico, mellorando a súa eficacia con outras substancias.
Na industria alimenticia utilízase para facer os alimentos máis espumosos(natas, iogures, etc.).
Na técnica aproveitase o poder oxidante do gas para utilizalo no canto de aire nas combustións dos motores convencionais ou nalgúns foguetes, na Segunda guerra mundial usouse o óxido nitroso nalgúns avións. Así aumentase a potencia dos motores. Nos foguetes aproveitase o feito de que é un gas facilmente licuable que elimina a necesidade de traballar con tecnoloxías crioxénicas complicadas e custosas. Aínda así, un uso prolongado do óxido nitroso pode acabar danando motor e acurtando a súa vida útil.
En España levar un kit de óxido nitroso no coche é legal mentres non se utilice, aínda que é díficil saber se foi usado.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Ministerio de Traballo de España: Ficha internacional de seguridade química do óxido de dinitróxeno.
- Nitrous Express óxido Nitroso para vehículos.