En termodinámica e en fisicoquímica, un punto crítico é aquel límite para o cal o volume dun líquido é igual ao dunha masa igual de vapor ou, dito doutro xeito, no cal as densidades do líquido e do vapor son iguais. Se se miden as densidades do líquido e do vapor en función da temperatura e se representan os resultados, pode determinarse a temperatura crítica a partir do punto de intersección de ambas curvas.
Temperatura e presión por riba das cales non se pode condensar un gas.