Conversa usuario:Adorian: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 61: Liña 61:
*Vou facer un bosquexo e logo ensínocho.--[[User:Hugo22|Hugo22]] 13:23, 5 abril 2009 (UTC)
*Vou facer un bosquexo e logo ensínocho.--[[User:Hugo22|Hugo22]] 13:23, 5 abril 2009 (UTC)
** Xa comecei o bosquexo, mírao en [[Selección de rugby de Galicia]]
** Xa comecei o bosquexo, mírao en [[Selección de rugby de Galicia]]


== [[Club de Gimnasia y Esgrima La Plata]] ==

Ola Adorian! Disculpa que te moleste. Con otro wikipedista estuvimos mejorando el artículo del [[Club de Gimnasia y Esgrima La Plata]] en varias wikipedias (lo llevamos a destacado en español y en portuges y salvo algunos detalles dentro de poco va a ser Artículo Bueno en inglés y en simple) pero quisiéramos poder mejorar en otras wikis, y nos está costando. Nos podrías dar una mano? Un abrazo y disculpá el atrevimiento. --[[Usuario:Elnegrojose|Elnegrojose]] 20:31, 5 abril 2009 (UTC)

Revisión como estaba o 5 de abril de 2009 ás 20:31

Dámosche a benvida á Galipedia, Adorian!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 18:12, 6 setembro 2008 (UTC).

Cousiñas

Ola Adorian! Bo traballo o que estás a desenvolver, ampliando e creando material. Vouche comentar un par de temas que adoitamos facer por aquí para que os teñas en conta:

  • Cando se edita nun artigo xa comezado respéctase as eleccións ortográficas do primeiro editor. Así se o primeiro editor comezou o artigo empregando "ó" en troques de "ao", ou "-ble" en troques de "-bél", ou a segunda forma do artigo con guión, ou "-aría" en troques de "-ería", Galiza e Galicia (como todas elas son válidas), respéctase esa primeira elección.
  • Tes que ter coidado co rexistro oral, ás veces escápasehe un pra ou un inda (xa sei que é difícil evitalo, a min tamén me custa non poñer o pra, hehehe).
  • Se o texto que engades é tradución doutra wikipedia tes uqe indicalo para cumprir coa licenza. Para ver como se fai podes ler a seguinte páxina: Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias.

Máis nada, un saúdo e benvido á Galipedia. Alberte Si, dígame? 00:38, 13 decembro 2008 (UTC)


Moitas grazas polos consellos, agardo non cometer máis fallos e poder colaborar todo o que poida hehe (e tentarei corrixir tódolos erros)

Saúdos!--Adorian 01:30, 13 decembro 2008 (UTC)

Maories

Ola Adorian! É sinxelo: para move-lo artigo ó nome correcto tes que premer na lapela mover (arriba tes as de "artigo - conversa - editar - historial - mover"). Alí seleccionas o nome cara onde o queres mover, e despois marca o nome incorrecto (que despois do movemento queda como unha redirección) como lixo engadindo isto: {{Lixo}}. Inténtao ti, se non che sae dáme un toque e soluciónoche a dúbida que teñas ou no seu defecto fágoo eu en canto poida.. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 23:36, 17 decembro 2008 (UTC)

Moitas grazas, penso que xa o solucionei. Espero que non cometese ningún erro.

Saúdos!--Adorian 00:14, 18 decembro 2008 (UTC)

Categorías

Saúdos Adorian. Estou a buscarlle categoría a aqueles artigos que non a teñen, e xa levo un par deles creados por ti. Se cres que a que lle puxen non é a adecuada, múdaa a onde consideres oportuno, ou ben déixame un comentario e falámolo, coma prefiras. De todos modos, ao ser feitos por ti, creo que es a persoa máis acaída para buscarlle ubicación. Apertas, e benvido á Galipedia. --Iago 18:40, 23 decembro 2008 (UTC)

Moitas grazas.

Penso que as categorías están perfectas, parabéns polo teu traballo e moitas grazas pola benvida.--Adorian 14:58, 26 decembro 2008 (UTC)

categorías

prezado Adorian:

ó creares un artigo e categorizalo, por exemplo, como "cidades da Comunidade Valenciana", non fai falta que inclúas tamén a categoría "cidades de España", dado que a primeira categoría xa está incluída na segunda.

Se tes calquera dúbida, non dubides en consultala, ben comigo, ben con calquera dos administradores.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 00:43, 21 xaneiro 2009 (UTC)

País e Comunidade

Ola, Adorian. O nome oficial é Comunidade Valenciana, non País. Estíveno cambiando nas páxinas que puiden, pero non estou seguro de que o fixese con todas... Por favor, non empregues o de País a partir de agora, e se ves que me quedou algún por aí vaino cambiando. Polo demais, moi bo traballo o que estás facendo. --Xabier Cid Conversa 01:20, 6 febreiro 2009 (UTC)

Comarcas e comarcalización

Ola, Adorian. Cando creaches o artigo Comarcas do País Valenciano xa estaba creado o de Comarcalización. Ti ampliáchelo bastante, así que ao facer a fusión o texto que quedou, creo que agás un par de correccións menores, foi o do artigo que creaches ti. Con todo, o historial incorpora as dúas versións, polo que se clicas nel poderás acceder a todos os cambios que se fixeron, antes e mais despois. Para calquera dúbida que teñas, pregúntame o que faga falla. --Xabier Cid Conversa 08:21, 6 febreiro 2009 (UTC)

Nacionais

Hai uns meses decidiuse mudar o nome das seleccións nacionais de fútbol a seleccións nacionais. Así eliminábanse problemas derivados do que é ou non é unha nación, particularmente nun aspecto que non é demasiado importante. Acabo de facer o mesmo con Gales e Irlanda, pero non o fixen con Escocia por se estabas editando nel. Móveo ti cando poidas. Hai que corrixir tamén as ligazóns internas dentro dos artigos respectivos, anque o artigo do seis Nacións e o modelo do Seis Nacións xa os corrixín. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 20:10, 28 febreiro 2009 (UTC)

Nada ho, eu tamén non me lembraba diso... de feito onde vai que vin os primeiros artigos de gales e irlanda e non caín da burra ata hoxe... --Xabier Cid Conversa 22:22, 28 febreiro 2009 (UTC)

Rugbi

Ola, Adorian. O primeiro partido da selección de rugbi de Galicia xogouse contra Portugal en 1999. Lémbroo perfectamente porque eu mesmo cubrín o partido para a revista Tempos novos. Malpocadamente non teño aquí as revistas para poder precisar a data e tampouco lembro de memoria o resultado. A ver se ti podes conseguir máis información. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 22:36, 7 marzo 2009 (UTC)

Afrikaans

Welcome at af.wiki. I took the liberty to put a Universal User template on your user page and hope that is OK. Jcwf 17:41, 4 abril 2009 (UTC)

Modelo seleccións de Rugby

Ola Adorian! Que che parecería facer un modelo no que aparezan tódalas seleccións de Rugby divididas nos distintos niveis? Poderiámonos basear no modelo da cultura popular galega. Mirao aquí: O lobo na cultura popular galega.--Hugo22 13:08, 5 abril 2009 (UTC)


Ola Adorian! Disculpa que te moleste. Con otro wikipedista estuvimos mejorando el artículo del Club de Gimnasia y Esgrima La Plata en varias wikipedias (lo llevamos a destacado en español y en portuges y salvo algunos detalles dentro de poco va a ser Artículo Bueno en inglés y en simple) pero quisiéramos poder mejorar en otras wikis, y nos está costando. Nos podrías dar una mano? Un abrazo y disculpá el atrevimiento. --Elnegrojose 20:31, 5 abril 2009 (UTC)