Camilo Nogueira Román: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Rocastelo (conversa | contribucións)
m en pasado
Liña 1: Liña 1:
Politico e economista galego, '''Camilo Nogueira Román''' naceu o [[22 de novembro]] de [[1936]] no concello de [[Lavadores, Vigo|Lavadores]], integrado en [[Vigo]] logo da [[Guerra Civil]]. Estudiou na Escola Industrial de Vigo e pasou polas escolas de Enxeñería Industrial de [[Bilbao]] e de [[Madrid]]. Tamén cursou a licenciatura de Ciencias Económicas na Universidade de [[Santiago de Compostela|Santiago]].
'''Camilo Nogueira Román''' é un político e economista [[Galicia|galego]] que naceu o [[22 de novembro]] de [[1936]] no concello de [[Lavadores, Vigo|Lavadores]], integrado en [[Vigo]] logo da [[Guerra Civil]]. Estudou na Escola Industrial de Vigo e pasou polas escolas de Enxeñería Industrial de [[Bilbao]] e de [[Madrid]]. Tamén cursou a licenciatura de Ciencias Económicas na Universidade de [[Santiago de Compostela|Santiago]].


En [[1964]] entra a traballar na fábrica viguesa de Citroën coma enxeñeiro e participa nas grandes folgas obreiras de [[1972]]. Forma parte de [[Galicia Socialista]], un grupo que daría orixe ao sindicalismo nacionalista galego e que acabaría fusionándose coa [[UPG]] en [[1971]].
En [[1964]] entrou a traballar na fábrica viguesa de Citroën como enxeñeiro e participou nas grandes folgas obreiras de [[1972]]. Formou parte de [[Galicia Socialista]], un grupo que daría orixe ao sindicalismo nacionalista galego e que acabaría fusionándose coa [[UPG]] en [[1971]].


Contribuiu a fundar a [[Asemblea Nacional Popular Galega]] e o [[Bloque Nacional Popular Galego]] (foi nas listaxes de [[1977]]). Tamén estivo implicado na creación do [[Partido Obreiro Galego]] (POG), que evoluciona cara [[Esquerda Galega]], un partido nacionalista de esquerdas que chegou a acadar un deputado nas [[Composición do Parlamento de Galicia#I lexislatura|Autonómicas de 1981]]. Nesta época, Nogueira participa na redacción do anteproxecto do [[Estatuto de Autonomía de Galicia]].
Contribuiu a fundar a [[Asemblea Nacional Popular Galega]] e o [[Bloque Nacional Popular Galego]] (foi nas listaxes de [[1977]]). Tamén estivo implicado na creación do [[Partido Obreiro Galego]] (POG), que evolucionou cara [[Esquerda Galega]], un partido nacionalista de esquerdas que chegou a acadar un deputado nas [[Composición do Parlamento de Galicia#I lexislatura|Autonómicas de 1981]]. Nesta época, Nogueira participou na redacción do anteproxecto do [[Estatuto de Autonomía de Galicia]].


Esquerda Galega fusiónase co [[Partido Socialista Galego]] e ambos os dous acabarían integrándose no [[BNG]] co nome de [[Unidade Galega]] en [[1995]]. A entrada de Camilo Nogueira no Bloque foi recibida con satisfacción entre os militantes, ao considerar que se producía á fin a unión do nacionalismo galego.
Esquerda Galega fusionouse co [[Partido Socialista Galego]] e ambos os dous acabarían integrándose no [[BNG]] co nome de [[Unidade Galega]] en [[1995]]. A entrada de Camilo Nogueira no Bloque foi recibida con satisfacción entre os militantes, ao considerar que se producía á fin a unión do nacionalismo galego.


Nogueira foi deputado no [[Parlamento galego]] nas lexislaturas 1981-85, 1985-89, 1989-93 e no periodo 1997-99 da lexislatura 1997-2001, ata que foi elixido deputado no [[Parlamento europeo]]. Na actualidade, Nogueira é membro da Executiva do BNG e responsable de Relacións Internacionais.
Nogueira foi deputado no [[Parlamento galego]] nas lexislaturas 1981-85, 1985-89, 1989-93 e no período 1997-99 da lexislatura 1997-2001, ata que foi elixido deputado no [[Parlamento europeo]] (1999-2004). Na actualidade, Nogueira é membro da Executiva do BNG e responsable de Relacións Internacionais.


[[Category:Políticos]]
[[Category:Político|N]]
[[pt:Camilo Nogueira Román]]
[[pt:Camilo Nogueira Román]]

Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2006 ás 12:41

Camilo Nogueira Román é un político e economista galego que naceu o 22 de novembro de 1936 no concello de Lavadores, integrado en Vigo logo da Guerra Civil. Estudou na Escola Industrial de Vigo e pasou polas escolas de Enxeñería Industrial de Bilbao e de Madrid. Tamén cursou a licenciatura de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago.

En 1964 entrou a traballar na fábrica viguesa de Citroën como enxeñeiro e participou nas grandes folgas obreiras de 1972. Formou parte de Galicia Socialista, un grupo que daría orixe ao sindicalismo nacionalista galego e que acabaría fusionándose coa UPG en 1971.

Contribuiu a fundar a Asemblea Nacional Popular Galega e o Bloque Nacional Popular Galego (foi nas listaxes de 1977). Tamén estivo implicado na creación do Partido Obreiro Galego (POG), que evolucionou cara Esquerda Galega, un partido nacionalista de esquerdas que chegou a acadar un deputado nas Autonómicas de 1981. Nesta época, Nogueira participou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Esquerda Galega fusionouse co Partido Socialista Galego e ambos os dous acabarían integrándose no BNG co nome de Unidade Galega en 1995. A entrada de Camilo Nogueira no Bloque foi recibida con satisfacción entre os militantes, ao considerar que se producía á fin a unión do nacionalismo galego.

Nogueira foi deputado no Parlamento galego nas lexislaturas 1981-85, 1985-89, 1989-93 e no período 1997-99 da lexislatura 1997-2001, ata que foi elixido deputado no Parlamento europeo (1999-2004). Na actualidade, Nogueira é membro da Executiva do BNG e responsable de Relacións Internacionais.