Canzorro: Diferenzas entre revisións
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:' |
m bot Modificado: pt:Cachorro (arquitetura) |
||
Liña 13: | Liña 13: | ||
[[ca:Permòdol]] |
[[ca:Permòdol]] |
||
[[es:Can (arquitectura)]] |
[[es:Can (arquitectura)]] |
||
[[pt:Cachorro ( |
[[pt:Cachorro (arquitetura)]] |
Revisión como estaba o 16 de xaneiro de 2009 ás 21:17
En arquitectura, denomínase canzorro á cabeza da viga que asoma ao exterior e soporta a cornixa ou beirado. Como evolución desta acepción, o termo tamén pode ser usado para designar a peza voladiza -de calquera material- que soporta os extremos dunha cuberta ou un lintel.
Orixinariamente, o canzorro era usado para economizar medios como elemento construtivo para soportar a cornixa aproveitando a propia viga que sustenta o tellado. Pero a súa forma evolucionou para ser empregado como elemento meramente decorativo ata o punto de perder a súa utilidade primitiva, pasando a ser unha peza exenta non portante. Iso derivou en numerosas formas escultóricas, servindo para auxiliar o soporte ou simplemente para embelecer as cubertas exteriores e interiores, ou os linteis dos vans.
Tamén pode recibir o nome de modillón, ou o máis xenérico de ménsula.
En Galicia, na arquitectura románica foi moi utilizado sendo un dos principais elementos decorativos exteriores das igrexas.