Os nenos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 1 de maio de 2015 ás 09:28 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "{{En uso}} {{Título en cursiva}} {{Libro | nome = Os nenos | título orixinal = | imaxe = | descrición da imaxe = | autor = ...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Os nenos
Autor/aXosé Filgueira Valverde.
Ilustrador/aLuis Pintos Fonseca.
CubertaAlfonso Daniel Rodríguez Castelao
OrixeEspaña
LinguaGalego
Xénero(s)Prosa literaria: relatos breves
EditorialLar [1]
Data de pub.setembro de 1925
Páxinas30
ISBN978-84-92923-61-8
editar datos en Wikidata ]

Os nenos, é unha colección de relatos breves do pontevedrés Xosé Filgueira Valverde, publicada en 1925 por Lar.

Descrición

É a primeira obra de narrativa de Filgueira, con ilustración e as letras capitulares en linóleo de Luis Pintos Fonseca, e cuberta e contracuberta de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.[2]

Entre o pazo de Briáns i-o de Brandobre, os Témes i-os Mariños fixéran unha fonte no adral da eirexa...

—XFV, comezo de Os nenos

Os relatos de Os nenos volveron aparecer, publicados por Editorial Galaxia en 1971, formando parte do libro Quintana viva.

Contido

Está composta por quince relatos, que, daquela, non levaron título, porén si foron titulados cando reapareceron en Quintana viva (1971):

“Xenreira”
“Corpus”
“Os xogos”
“Vinganza”
“O pomar”
“A miña España”
“O mal”
“O ben”
“Medo”

“Doenza”
“Festas”
“Avoa Clara”
“Cantiga”
“A nena e a moneca”
“Nos maios”

Reedición

En abril de 2015, co gallo de adicárselle ao autor o Día das Letras Galegas dese ano, o Consello da Cultura Galega, do que o profesor Filgueira fora presidente, reeditou Os nenos, en edición facsímile, con limiar de Ramón Villares, os estudos críticos "Un latexar pola causa galega" de Fina Casalderrey (literario), "Filgueira Valverde e Pintos Fonseca" de Miguel Fernández-Cid (artístico) e sete ilustracións de David Pintor, sumando arredor dun cento de páxinas.[3]

Notas

  1. Impreso na Casa Antúñez, en Pontevedra. Custaba oito reás.[1]
  2. Ánxel Casal, un editor para un país Consello da Cultura Galega, 2007.
  3. "Reeditan "Os nenos", de Filgueira Valverde, ..." Faro de Vigo, 11/4/2015.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas