Antonio Cominges

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 7 de setembro de 2014 ás 21:50 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "'''Antonio Cominges Tapias''', nado en Vigo o 24 de xullo de 1897 e finado o 27 de xaneiro de 1987 {{Idade|24|07|1897|27|08|1987}}, foi un arquitecto galego. [...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Antonio Cominges Tapias, nado en Vigo o 24 de xullo de 1897 e finado o 27 de xaneiro de 1987 (90 anos), foi un arquitecto galego.

Sede da Caixa de Aforros de Vigo, logo Caixanova, despois Novacaixagalicia, máis tarde Abanca.

Traxectoria

Licenciouse en Madrid en 1924 e traballou de profesor na Escola de Artes e Oficios de Vigo dende 1927 ata 1967. Foi arquitecto municipal en Santiago de Compostela de 1930 a 1931 e logo traballou en Vigo.

A seu estilo estivo influenciado por Manuel Gómez Román e Antonio Palacios.

Obra

En Vigo

Igrexa de Nosa Señora de Fátima.
  • Chalé sede do Real Club Celta, entre a rúa Conde de Gondomar e a Praza de España.
  • Colexio San Xosé de Cluny (1929).
  • Fogar e Clínica de San Rafael (1935).
  • Instituto Santa Irene, na Praza de América (1941).
  • Colexio-fogar San Roque, entre a Rúa Filipinas e a Avda. de Madrid (1943).
  • Sede Social de Abanca (antes Caixa de Aforros de Vigo), na Rúa García Barbón (1948).[2]
  • Igrexa de Oia (fachada, 1951).[3]
  • Igrexa de Nosa Señora de Fátima, na Rúa pino esquina Vía Norte (1951).[4]
  • Igrexa de Nosa Señora do Carme (1951).[5]
  • Fogar San Paio (1953).
  • Capela das Trinitarias (1953).
  • Igrexa de San Francisco Xabier, no colexio xesuíta Apóstolo Santiago na Rúa Sanjurjo Badía (1954).
  • Igrexa da Soidade, na Atalaia do Monte do Castro (1957).[6]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía