Sebastián Rodríguez Veloso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 9 de agosto de 2014 ás 12:04 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "{{Outros homónimos|Sebastián Rodríguez}} {{Deportista | nome = Chano Rodríguez | imaxe = | imaxe_tamaño = | pé = | nome completo = Sebastián Rodríguez Veloso | alcume =...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Infotaula de personaChano Rodríguez
Nome orixinalSebastián Rodríguez Veloso
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1957 (67 anos).
Cádiz.
Datos persoais
Outros nomesChano.
ResidenciaVigo.
País de nacionalidadeespañola.
Actividade
Ocupaciónnadador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteNatación.
Disciplina deportivaS5 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Adestrador
  • Alvaro Reiriz
  • Jose Luis Vaquero
  • Membro do equipo deportivoC.N. Vigo Rías Baixas
    Participou en
    2012Xogos Paralímpicos de Londres 2012
    setembro de 2008Jogos Paralímpicos de Verão de 2008 (pt) Traducir
    setembro de 2004Jogos Paralímpicos de Verão de 2004 (pt) Traducir
    outubro de 2000Jogos Paralímpicos de Verão de 2000 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Outro
    Condenado porasasinato Editar o valor em Wikidata
    Cadro de medallas
    Natación
    Xogos Paralímpicos
    Ouro Sidney 2000 50 m estilo libre S5
    Ouro Sidney 2000 100 m estilo libre S5
    Ouro Sidney 2000 200 m estilo libre S5
    Ouro Sidney 2000 4×50 m estilo libre 20 pts
    Ouro Sidney 2000 4×50 m estilos 20 pts
    Ouro Atenas 2004 50 m estilo libre S5
    Ouro Atenas 2004 100 m estilo libre S5
    Ouro Atenas 2004 200 m estilo libre S5
    Prata Pequín 2008 200 m estilo libre S5
    Prata Pequín 2008 4×50 m estilo libre 20 pts
    Prata Londres 2012 50 m estilo libre S5
    Prata Londres 2012 200 m estilo libre S5
    Bronce Pequín 2008 50 m estilo libre S5
    Bronce Pequín 2008 4×50 m estilos 20 pts
    Bronce Londres 2012 100 m estilo libre S5

    Sebastián Rodríguez Veloso, máis coñecido como Chano Rodríguez, nado o 27 de febreiro de 1957 en Cádiz e veciño de Vigo, é un nadador multimedallista paralímpico español, ex-membro dos GRAPO.

    Traxectoria

    Como membro do grupo terrorista Grupos de Resistencia Antifascista Primero de Octubre participou en varios atentados, incluíndo ataques con explosivos e o asasinato en 1984 de Rafael Padura, presidente da Confederación de Empresarios de Sevilla, feitos polos que en 1985 foi condenado a 103 anos de cadea.

    Estando en prisión, en 1990 fixo unha folga de fame de máis de catrocentos días que lle causaría graves problemas de saúde, ata o punto de provocarlle a falta permanente de mobilidade en ambas pernas, discapacidade que padece dende aquela, feito que suporía a súa excarceración en liberdade condicional en novembro de 1994.[1]

    Trasladouse a Vigo, onde comezou a traballar vendendo o cupón da ONCE e a practicar natación, disciplina na que acadaría moitos éxitos, incluíndo quince medallas en varias edicións dos Xogos Paralímpicos (oito de ouro, catro de prata e tres de bronce) e outras moitas vitorias en cinco convocatorias dos campionatos do mundo de natación IPC.[2]

    Un Real Decreto do Consello de Ministros do Goberno de España indultouno no ano 2007.[3] e en 2009 a Ministra de Educación concedeulle o ingresou na Real Orde do Mérito Deportivo, na categoría de Medalla de Ouro.[4]

    Notas

    Véxase tamén

    Bibliografía

    Ligazóns externas