Camilo Nogueira Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 4 de xuño de 2013 ás 10:25 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "{{En uso}} {{Outroshomónimos|Camilo Nogueira}} {{Imaxe múltiple | posición_táboa = right | dirección = vertical | ancho = 300 | título= | posición_título = center ...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)


Relevo mural, estación marítima, esquerda.
Relevo mural, estación marítima, esquerda.
Dereita.
Dereita.

Camilo Nogueira Martínez, nado o 22 de xullo de 1904 no Concello de Lavadores[1] e finado o 2 de marzo de 1982 ibidem, foi un escultor e político galego.

Traxectoria

Escola Municipal de Artes e Oficios.

Estudou na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, onde logo sería profesor.

Foi, xunto con Manuel Colmeiro, Arturo Souto, Manuel Torres, Maside e outros, bolseiro da Deputación Provincial de Pontevedra, grazas ao que puido ir á Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid.

Obra

Na súa obra distínguense tres etapas. Na primeira, antes da Guerra Civil, traballaba na madeira. Obras desta etapa atópanse no Museo de Pontevedra.

Da segunda etapa, tamén en madeira, hai obras no Museo Quiñones de León, no Pazo de Castrelos de Vigo.

Na terceira etapa empregou o barro e a pedra. Varias obras desta etapa están espalladas polas rúas de Vigo. Por exemplo o mural da estación marítima (1955), Pescantina e Mariñeiros portando o escudo da cidade de Vigo (1969) na Fortaleza do Castro, O forxador e O mariñeiro da Praza de Compostela ou o Monumento ó emigrante (1971) da Praza de América.

Foi dirixente local do Partido Galeguista.

Vida persoal

Casado coa modista Teresa Román, foi pai do político Camilo Nogueira Román.

Galería de imaxes

Notas

  1. O concello de Lavadores, creado en 1836 anexionouse ao de Vigo en 1942.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Artigo NOGUEIRA MARTÍNEZ, Camilo da GEG.

Outros artigos

Ligazóns externas

  • []