Saltar ao contido

Marco Claudio Marcelo (cónsul 166 a. C.)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarco Claudio Marcelo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) M. Claudius M.f.M.n. Marcellus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 208 a. C. Editar o valor em Wikidata
Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Morte148 a. C. Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Mar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Causa da morteafogamento Editar o valor em Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – valor descoñecido
Cónsul romano
166 a. C. – 166 a. C.
Xunto con: Caio Sulpício Galo (pt) Traducir
Pretor
Gobernador romano
Tribuno da plebe
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico da Roma antiga , militar da Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Período de tempoMiddle Roman Republic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaClaudii Marcelli (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cónxuxevalor descoñecido
FillosMarcus Claudius Marcellus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMarco Cláudio Marcelo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor em Wikidata

Marco Claudio Marcelo (en latín, M. Claudius M.f.M.n. Marcellus), nado cara o 209 a. C. e finado no 148 a. C., foi un cónsul romano durante a República. Durante a súa estancia en Hispania, fundou a cidade de Corduba, a actual Córdoba.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e inicio da carreira política[editar | editar a fonte]

A primeira mención que aparece foi cando seu pai, quen fora cónsul no ano 196 a. C., morre no 177 a. C. e Marcelo o sucede no cargo de pontífice.[2][3][4] Posteriormente, foi tribuno da plebe[5][6] no 171 a. C. en neste momento, que se estaba a recrutar un exército para a Terceira guerra macedónica, os centurións queixáronse aos tribunos de estaren sendo recrutados sen atender a méritos anteriores. Tanto Marcelo como outro dose seus colegas, Marco Fulvio Nobilior, pretenderon deriva-la queixa aos cónsules, mais o resto dos tribunos se negaron e apoiaron as demandas dos centurións.

No ano 169 a. C. foi pretor en Hispania das súas provincias, a Citerior e a Ulterior.[7][8]

Primeiro (166 a. C. ) e segundo consulados (155 a. C.)[editar | editar a fonte]

No 166 a.C. foi nomeado cónsul de Roma, con Caio Sulpicio Galo. Neste mandato, conseguiu vencer a varias tribos dos galos dos Alpes e a varias tribos dos ligures polo que obtivo as honras do triunfo.[9][10]

No 155 a. C. volveu de novo ao consulado e venceu aos ligures celebrando un triunfo.[10][11] No 152 a. C. accedeu ao consulado pola terceira vez, xunto con Lucio Valerio Flaco, e foi enviado a Hispania para substituír a Quinto Fulvio Nobilior, que fora incapaz de facer fronte á rebelión dos celtiberos.[12] Malia conseguir que estes enviasen embaixadores a Roma e que os lusitanos aceptasen a paz, a súa actitude a prol da paz non foi aceptada en Roma e continuou a guerra.[12]

En Hispania[editar | editar a fonte]

Marcelo vai tomar diversas medidas militares que conseguen gañar os celtiberos xunto con actos de clemencia e de visión política, obtendo a rendición de Oscilis e os arévacos deciden concertar unha tregua. Ao sur aos vetóns e lusitanos sométense con Marco Atilio contralando a súa obediencia, pero axiña como deixa a zona volven a se rebelar de novo, Marcelo acode conseguindo que volvan á obediencia ocupando a cidade de Nergobriga. No inverno do 152 ao 151 a. C. pasou a Córdoba, que pouco antes establecera como colonia. A embaixada dos arévacos a Roma non logrou concertar a paz, xa que o senado acusou a Marcelo de indolencia e non ratificou o acordo, elixindo a Lucio Lúculo como novo cónsul para continuar a guerra; ao coñecer Marcelo a resolución finxe un ataque aos celtiberos, que se someten incondicionalmente, quizais por medio dun pacto preestablecido, que o cónsul acepta, asinando a paz de Numancia, restablecendo os antigos tratados, e así entrega a provincia ao seu sucesor totalmente pacificada.

No 148 a. C. mentres se dirixía como embaixador a Masinisa de Numidia, pero o seu navío naufragou, resultando morto.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Na cidade de Córdoba, que el fundou ten adicada unha rúa, a rúa, preto de onde estaba o foro romano antigo e un templo. Amais disto, no 2015, erixiuse unha estatua na súa honra, realizada polo escultor Marcos Augusto Dueñas.​[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 P., F. J. (21 de maio de 2015). "Claudio Marcelo ya tiene su estatua en Córdoba". abc.es (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 León, José Manuel (27 de outubro de 2020). "Claudio Marcelo, el fundador de Córdoba que murió en un naufragio". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  3. Tito Livio (2008), p. 29 (Libro XLI, 13-4)
  4. Broughton (1951), p. 399
  5. Tito Livio (2008), p. 102 (Libro XLII, 32-7)
  6. Broughton (1951), p. 417
  7. Tito Livio (2008), p. 179 (Libro XLIII, 15-3)
  8. Broughton (1951), p. 424
  9. Broughton (1951), p. 437
  10. 10,0 10,1 "Fasti Triumphales". attalus.org (en inglés). 29 de febreiro de 2016. p. 105. Consultado o 17 de xullo de 2024. 
  11. Broughton (1951), p. 448
  12. 12,0 12,1 Broughton (1951), p. 453

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Quinto Elio Peto e
Marco Xulio Peno

Cónsul da República Romana
xunto con Caio Sulpicio Galo

166 a. C.
Sucesor:
Tito Manlio Torcuato e
Cneo Octavio
Predecesor:
Lucio Cornelio Léntulo Lupo e
Caio Marcio Fígulo (II)

Cónsul da República Romana
xunto con Publio Cornelio Escipión Nasica Córculo (II)

155 a. C.
Sucesor:
Quinto Opimio e
Lucio Postumio Albino
Predecesor:
Quinto Fulvio Nobilior e
Tito Annio Lusco

Cónsul da República Romana
xunto con Lucio Valerio Flaco

152 a. C.
Sucesor:
Lucio Licinio Lúculo e
Aulo Postumio Albino