Escuma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Escuma de xabón.
Escuma nun vaso de cervexa.
Burbullas de escuma de xabón.

A escuma[1] é unha capa de líquido globular que enclaustra vapor ou gas.

Características[editar | editar a fonte]

As escumas[1] son como as emulsións en capas de adsorción que rodean a fase dispersa en ambos os sistemas. Con todo, as escumas difiren das emulsións en dous aspectos: a fase dispersa é un gas nas escumas e un líquido nas emulsións; as burbullas de gas das escumas son moito máis grandes que os glóbulos nas emulsións. As escumas son sistemas coloidais pola delgadeza das capas que rodean as burbullas de gas, estas son de dimensións coloidales ou as capas teñen propiedades coloidales.

A escuma que se pode observar nos océanos e, sobre todo, ao romper as ondas na costa, é a aglomeración de burbullas que persiste durante un curto tempo na superficie do mar, axitada por causas mecánicas. A formación da escuma mariña facilítase por varios factores químicos ou físicos: unha diferenza moi grande entre o aire e a auga, a alcalinidade da auga, o contido desta en coloides disoltos etc.

En mineraloxía chámase escuma de ferro ao mineral de hematita, mentres que a escuma de manganeso é un óxido de manganeso que se atopa en estado terroso.

Recentemente cobrou interese a escumación das escouras volcánica. A escumación da escoura é causada principalmente pola xeración de burbullas de gas monóxido de carbono, dióxido de carbono, vapor de auga, dióxido de xofre, osíxeno e hidróxeno no interior da escoura, que se fai escumosa coma se fose auga xabonosa. Esta escuma é normalmente creada por movementos mecánicos que xeran a captura de aire ou algún outro gas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Escuma.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]