Erika Lust

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Erika Lust
Erika lust.jpg
Nome completoErika Hallqvist
AlcumeErika Lust
Nacemento1977
 Estocolmo
NacionalidadeSuecia
Alma máterUniversidade de Lund
Ocupaciónescritora, directora de cine, produtora, guionista e realizadora
PremiosFeminist Porn Award e Eroticline Awards
editar datos en Wikidata ]

Erika Lust, nada en Estocolmo en 1977, é unha produtora de filmes pornográficos sueca. É a cofundadora da Lust Films. Dende o ano 2000 reside en Barcelona.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse en Estocolmo en ciencias políticas e feminismo pola Universidade de Lund. Os seus filmes adoptan unha óptica feminina, é dicir, están destinados a excitar as mulleres, mostrando como a parella fai o amor, a forma de se bicaren e tiraren a roupa etc.

En 2004 dirixiu The good girl, unha curta de 25 minutos de duración que foi premiada como a mellor curtametraxe do ano no Festival Internacional de Cinema Erótico de Barcelona (FICEB 2005). En 2007 dirixiu Five Hot Stories for Her, unha compilación de cinco curtas coa que gañou o premio ao Mellor Guión no Festival de Cinema Erótico de Barcelona en 2007, Mellor Filme para Mulleres no E-Erotic Awards Line (Berlín, 2007), obtivo unha unha mención honrosa no Festival CineKink (Nova York, 2008) e recibiu o premio de Mellor Filme do Ano no Feminist Porn Awards, celebrado en Toronto en 2008. Nese ano, 2008, escribiu e dirixiu Barcelona Sex Project, un filme experimental independente adulto cun ollar máis atento para as vidas de tres homes e tres mulleres.

É tamén a autora do libro Good Porn: A Woman's Guide.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]