Saltar ao contido

Equinorrínidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Equinorrínidos
Echinorhinidae

Rango fósil: Campaniense - Actualidade [1]
84 - 0 Ma

Echinorhinus brucus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Squaliformes
Familia: Echinorhinidae
Gill, 1862
Xénero: Echinorhinus
Blainville, 1816
Área de distribución das dúas especies de Echinorhinus
Área de distribución das dúas especies de Echinorhinus

Área de distribución das dúas especies de Echinorhinus
Especies
Véxase o texto

A dos equinorrínidos (Echinorhinidae) é unha familia de peixes elasmobranquios selaquimorfos da superorde dos escualiformes.[2][3]

É unha familia monotípica, xa que comprende un só xénero, Echinorhinus.[2][3]

As súas especies distribúense por todos os océanos do mundo, tanto en rexións litorais como en mar a fóra.[4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1862 polo ictiólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill.[2][3]

O xénero describírao en 1816 o naturalista francés Henri Marie Ducrotay de Blainville.[2][3]

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

O nome científico da familia, Echinorhinidae, está formado, segundo a norma, sobre a raíz do seu xénero tipo, e único, Echinorhin-, coa adición do sufixo do latín científico -ǐdae, propio dos nomes das familias de animais.

O nome do xénero, Echinorhinus, está formado polos elementos do latín científico echin- e -rhinus, tirados dos termos do grego antigo ἐχῖνος echĩnos ("espiña") e ρινός rinós ("nariz").[5] Literalmente: "os que teñen espiñas no nariz".

A familia, como quedou dito, está integrada por un só xénero, Echinorhinus, que alberga soamente dúas especies:[6][7]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

Nas augas galegas encóntrase a especie Echinorhinus brucus.[8]

  1. Sepkoski, Jack (2002). "A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry)". Bulletins of American Paleontology 364: 560. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2012. Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Echinorhinidae Gill, 1862 no WoRMS.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Echinorhinidae Gill, 1862 no ITIS.
  4. "Froese, R. e D. Pauly, Eds. (2009): FishBase. World Wide Web electronic publication.". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  5. Echinorhinus no Merriam-Webster Dictionary.
  6. Echinorhinus Blainville, 1816 no WoRMS.
  7. Echinorhinus Blainville, 1816 no ITIS.
  8. Rodríguez Villanueva & Vázquez 992, pp. 76-77.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]