ACE2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Enzima convertedor da anxiotensina 2»)
ACE2
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
SímboloACE2 (HGNC: 13557)
Identificadores
externos
LocusCr. X p22.2
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
59272 70008
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
Q9BYF1 Q8R0I0
RefSeq
(ARNm)
NM_021804 NM_001130513
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_068576 NP_001123985
Localización (UCSC)
Cr. X:
15.56 – 15.6 Mb
Cr. X:
164.14 – 164.19 Mb
PubMed (Busca)
59272


70008

O ACE2 (do inglés angiotensin converting enzyme 2 ou enzima convertedor da anxiotensina 2)[1] é un enzima unido á superficie externa da membrana plasmática das células dos pulmóns, arterias, corazón, riles e intestinos.[2][3] O ACE2 fai diminuír a presión arterial ao catalizar o corte da anxiotensina II (un péptido vasoconstritor) orixinando anxiotensina 1-7 (un vasodilatador).[4][5][6] O ACE2 tamén serve como punto de entrada nas células dalgúns coronavirus.[1] A versión humana do enzima adoita coñecerse como hACE2 e o seu xene está situado no cromosoma X.

O ACE2 contrarresta a actividade do enzima convertedor da anxiotensina (ACE) relacionado ao reducir a cantidade de anxiotensina-II e incrementar a anxiotensina 1-7,[7] o que o converte nunha prometedora diana para o tratamento de doenzas cardiovasculares.[8][9]

O ACE2 é unha proteína de membrana de tipo I dun só paso a través da membrana, co seu dominio enzimaticamente activo exposto na superficie das células nos pulmóns e outros tecidos.[2] O dominio extracelular do ACE2 é clivado e separado do dominio transmembrana por outro enzima coñecido como sheddase, e a proteína soluble resultante libérase ao torrente sanguíneo e finalmente excrétase na urina.[10][11]

Punto de entrada dos coronavirus[editar | editar a fonte]

Como proteína transmembrana, o ACE2 serve como principal punto de entrada na célula para algúns coronavirus, como o HCoV-NL63,[1] SARS-CoV, o virus que causa o SARS,[12][13][14] e o SARS-CoV-2,[15] o virus que causa a COVID-19.[16][17][18][19]

Isto orixinou algunhas hipóteses sobre que o decrecemento dos niveis de ACE2 nas células, podería axudar a loitar contra a infección. Por outra parte, o ACE2 mostrou ter un efecto protector contra lesións pulmonares inducidas polo virus ao incrementar a produción do vasodilatador anxiotensina 1-7.[20] Ademais, de acordo cos estudos realizados en ratos, a interacción da proteína da espícula do coronavirus co ACE2 induce unha caída nos niveis de ACE2 nas células por medio da internalización e degradación da proteína e así pode contribuír aos danos pulmonares.[20][21]

Tanto os inhibidores de ACE coma os bloqueantes do receptor de anxiotensina que se utilizan para tratar a presión arterial alta mostraron en estudos feitos en roedores que regulan á alza a expresión do ACE2 e así poden afectar a gravidade das infeccións por coronavirus.[22][23] Porén, moitas sociedades profesionais e corpos regulatorios recomendaron continuar coa terapia estándar de inhibidores de ACE e bloqueantes do receptor da anxiotensina.[24][25][26] Unha revisión sistemática e a metaanálise publicada o 11 de xullo de 2012, encontraron que o "uso dos inhibidores do ACE estaba asociado cunha significativa redución do 34% do risco de pneumonía comparado cos controis." e "O risco de pneumonía estaba tamén reducido en pacientes tratados con inhibidores de ACE que estaban nun risco maior de ter pneumonía, en particular aqueles que tiñan infartos e insuficiencia cardíaca. O uso de inhibidores de ACE estaba tamén asociado coa redución na mortalidade relacionada coa pneumonía, aínda que os resultados eran menos robustos que o risco global de pneumonía."[27]

ACE2 humano recombinante (rhACE2)[editar | editar a fonte]

O ACE2 humano recombinante (rhACE2) suponse que é unha boa terapia nova para a lesión pulmonar aguda, e parece mellorar a hemodinámica pulmonar e a saturación de oxíxeno en bácoros cunha síndrome de disfunción respiratoria aguda inducida por lipopolisacáridos.[28]

A vida media do rhACE2 nos seres humanos é dunhas 10 horas e o comezo da acción é de 30 minutos ademais do curso do efecto (duración) de 24 horas.[28]

Varios descubrimentos suxiren que o rhACE2 pode ser un fármaco prometedor para os que teñen intolerancia aos inhibidores do sistema renina-anxiotensina clásicos (inhibidores de RAS) ou en doenzas nas que a anxiotensina II circulante é elevada.[28]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Gene: ACE2, angiotensin I converting enzyme 2". National Center for Biotechnology Information (NCBI). U.S. National Library of Medicine. 2020-02-28. 
  2. 2,0 2,1 Hamming I, Timens W, Bulthuis ML, Lely AT, Navis G, van Goor H (June 2004). "Tissue distribution of ACE2 protein, the functional receptor for SARS coronavirus. A first step in understanding SARS pathogenesis". The Journal of Pathology 203 (2): 631–7. PMID 15141377. doi:10.1002/path.1570. 
  3. Donoghue M, Hsieh F, Baronas E, Godbout K, Gosselin M, Stagliano N, Donovan M, Woolf B, Robison K, Jeyaseelan R, Breitbart RE, and Acton S (1 Sep 2000). "A Novel Angiotensin-Converting Enzyme–Related Carboxypeptidase (ACE2) Converts Angiotensin I to Angiotensin 1-9". Circulation Research 87 (5): e1–e9. PMID 10969042. doi:10.1161/01.RES.87.5.e1. 
  4. Keidar S, Kaplan M, Gamliel-Lazarovich A (February 2007). "ACE2 of the heart: From angiotensin I to angiotensin (1-7)". Cardiovascular Research 73 (3): 463–9. PMID 17049503. doi:10.1016/j.cardiores.2006.09.006. 
  5. Wang W, McKinnie SM, Farhan M, Paul M, McDonald T, McLean B, et al. (August 2016). "Angiotensin-Converting Enzyme 2 Metabolizes and Partially Inactivates Pyr-Apelin-13 and Apelin-17: Physiological Effects in the Cardiovascular System". Hypertension 68 (2): 365–77. PMID 27217402. doi:10.1161/HYPERTENSIONAHA.115.06892. 
  6. Donoghue M, Hsieh F, Baronas E, Godbout K, Gosselin M, Stagliano N, et al. (September 2000). "A novel angiotensin-converting enzyme-related carboxypeptidase (ACE2) converts angiotensin I to angiotensin 1–9". Circulation Research 87 (5): E1–9. PMID 10969042. doi:10.1161/01.res.87.5.e1. 
  7. Chamsi-Pasha MA, Shao Z, Tang WH (March 2014). "Angiotensin-converting enzyme 2 as a therapeutic target for heart failure". Current Heart Failure Reports (Springer Science and Business Media LLC) 11 (1): 58–63. PMC 3944399. PMID 24293035. doi:10.1007/s11897-013-0178-0. O descubrimento do ACE2 e o seu papel en contrarrestar os efectos da Ang-II por medio da formación de Ang(1-7)... Un desequilibrio nos eixes ACE2/Ang(1–7) e ACE/Ang-II é esencial no desenvolvemento de doenzas cardiovasculares. O papel central do ACE2, por tanto, parece contrarrestar a actividade do ACE ao reducir a biodispoñibilidade da Ang-II e incrementar a formación de Ang(1-7)... O uso de moléculas e axentes moduladores do RAS [sistema renina-anxiotensina] como novos axentes terapéuticos en investigación da hipertensión e terapéutica cardiovascular. 
  8. Chamsi-Pasha MA, Shao Z, Tang WH (March 2014). "Angiotensin-converting enzyme 2 as a therapeutic target for heart failure". Current Heart Failure Reports (Springer Science and Business Media LLC) 11 (1): 58–63. PMC 3944399. PMID 24293035. doi:10.1007/s11897-013-0178-0. Os estudos co ACE2 humano recombinante (rhACE2) mostraton efectos cardíacos beneficiosos. O rhACE2 ten propiedades antifibróticas e pode atenuar o efecto sobre a disfunción sistólica e diastólica, presumiblemente por medio da inhibición de Ang-II. 
  9. Mascolo A, Urbanek K, De Angelis A, Sessa M, Scavone C, Berrino L, et al. (March 2020). "Angiotensin II and angiotensin 1-7: which is their role in atrial fibrillation?". Heart Failure Reviews (Springer Science and Business Media LLC) 25 (2): 367–380. PMID 31375968. doi:10.1007/s10741-019-09837-7. A posibilidade de usar o A1-7 ou análogos do ACE2, para ampliar as opcións terapéuticas actuais para a FA [fibrilación auricular], pode representar un importante campo de investigación. 
  10. Lambert DW, Yarski M, Warner FJ, Thornhill P, Parkin ET, Smith AI, et al. (August 2005). "Tumor necrosis factor-alpha convertase (ADAM17) mediates regulated ectodomain shedding of the severe-acute respiratory syndrome-coronavirus (SARS-CoV) receptor, angiotensin-converting enzyme-2 (ACE2)". The Journal of Biological Chemistry 280 (34): 30113–9. PMID 15983030. doi:10.1074/jbc.M505111200. 
  11. Patel VB, Clarke N, Wang Z, Fan D, Parajuli N, Basu R, et al. (January 2014). "Angiotensin II induced proteolytic cleavage of myocardial ACE2 is mediated by TACE/ADAM-17: a positive feedback mechanism in the RAS". Journal of Molecular and Cellular Cardiology 66: 167–76. PMID 24332999. doi:10.1016/j.yjmcc.2013.11.017. 
  12. Fehr AR, Perlman S (2015). "Coronaviruses: an overview of their replication and pathogenesis". Methods in Molecular Biology (Springer New York) 1282: 1–23. ISBN 978-1-4939-2437-0. PMC 4369385. PMID 25720466. doi:10.1007/978-1-4939-2438-7_1. Moitos α-coronavirus utilizan a aminopeptidase N (APN) como o seu receptor, o SARS-CoV e o HCoV-NL63 usan o enzima conversor da anxiotensina 2 (ACE2) como o seu receptor, o MHV entra a través do CEACAM1, e o recentemente identificado MERS-CoV únese á dipeptidil-peptidase 4 (DPP4) para conseguir entrar en células humanas (ver Táboa 1 para unha lista de receptores de CoV coñecidos). 
  13. Li F (October 2013). "Receptor recognition and cross-species infections of SARS coronavirus". Antiviral Research 100 (1): 246–54. PMC 3840050. PMID 23994189. doi:10.1016/j.antiviral.2013.08.014. 
  14. Kuba K, Imai Y, Rao S, Gao H, Guo F, Guan B, et al. (August 2005). "A crucial role of angiotensin converting enzyme 2 (ACE2) in SARS coronavirus-induced lung injury". Nature Medicine 11 (8): 875–9. PMC 7095783. PMID 16007097. doi:10.1038/nm1267. 
  15. "What are the official names of the disease and the virus that causes it?". Q&A on coronaviruses. World Health Organization. Arquivado dende o orixinal o 5 March 2020. Consultado o 22 February 2020. 
  16. Zhou P, Yang XL, Wang XG, Hu B, Zhang L, Zhang W, et al. (March 2020). "A pneumonia outbreak associated with a new coronavirus of probable bat origin". Nature 579 (7798): 270–273. PMC 7095418. PMID 32015507. doi:10.1038/s41586-020-2012-7. 
  17. Xu X, Chen P, Wang J, Feng J, Zhou H, Li X, et al. (March 2020). "Evolution of the novel coronavirus from the ongoing Wuhan outbreak and modeling of its spike protein for risk of human transmission". Science China. Life Sciences 63 (3): 457–460. PMC 7089049. PMID 32009228. doi:10.1007/s11427-020-1637-5. 
  18. Lewis R (2020-02-20). "COVID-19 Vaccine Will Close in on the Spikes". DNA Science Blog. Public Library of Science. Arquivado dende o orixinal o 2020-02-22. Consultado o 2020-02-22. 
  19. Walls AC, Park YJ, Tortorici MA, Wall A, McGuire AT, Veesler D (2020). "Structure, function and antigenicity of the SARS-CoV-2 spike glycoprotein". bioRxiv: 2020.02.19.956581. doi:10.1101/2020.02.19.956581. 
  20. 20,0 20,1 Imai Y, Kuba K, Penninger JM (May 2008). "The discovery of angiotensin-converting enzyme 2 and its role in acute lung injury in mice". Experimental Physiology 93 (5): 543–8. PMID 18448662. doi:10.1113/expphysiol.2007.040048. 
  21. Jia H (September 2016). "Pulmonary Angiotensin-Converting Enzyme 2 (ACE2) and Inflammatory Lung Disease". Shock (Augusta, Ga.) 46 (3): 239–48. PMID 27082314. doi:10.1097/SHK.0000000000000633. Unha vez que o SARS-CoV se une ao seu receptor, redúcense significativamente a abundancia na superficie celular, a expresión do ARNm e a actividade enzimática do ACE2. ... Estes efectos son en parte debidos á potenciación dos procesos de desprendemento/internalización. ... A proteína da espícula únese ao ACE2 e seguidamente regula á baixa a expresión da proteína ACE2 e isto ten como resultado o empeoramento da pneumonía... 
  22. Nicholls J, Peiris M (August 2005). "Good ACE, bad ACE do battle in lung injury, SARS". Nature Medicine 11 (8): 821–2. PMC 7095949. PMID 16079870. doi:10.1038/nm0805-821. 
  23. Diaz JH (March 2020). "Hypothesis: angiotensin-converting enzyme inhibitors and angiotensin receptor blockers may increase the risk of severe COVID-19". Journal of Travel Medicine. PMID 32186711. doi:10.1093/jtm/taaa041. 
  24. "Position Statement of the ESC Council on Hypertension on ACE-Inhibitors and Angiotensin Receptor Blockers". European Society of Cardiology (ESC). 13 March 2020. Resumo divulgativoMedscape. 
  25. "EMA advises continued use of medicines for hypertension, heart or kidney disease during COVID-19 pandemic". European Medicines Agency (EMA). 27 March 2020. Resumo divulgativoMedscape. 
  26. "HFSA/ACC/AHA Statement Addresses Concerns Re: Using RAAS Antagonists in COVID-19". American College of Cardiology (ACC). 27 March 2020. Resumo divulgativoMedscape. 
  27. Caldeira D, Alarcão J, Vaz-Carneiro A, Costa J (July 2012). "Risk of pneumonia associated with use of angiotensin converting enzyme inhibitors and angiotensin receptor blockers: systematic review and meta-analysis". BMJ 345 (jul11 1): e4260. PMC 3394697. PMID 22786934. doi:10.1136/bmj.e4260. Os nosos resultados suxiren un importante papel dos inhibidores de ACE, pero non ARBs [bloqueantes do receptor da anxiotensina], na redución do risco de pneumonía. Estes datos poden desaconsellar a retirada de inhibidores de ACE nalgúns pacientes con eventos adversos tolerables (concretamente, tose) que están en risco particularmente alto de ter pneumonía. Os inhibidores de ACE tamén diminuían o risco de pneumonía relacionado coa mortalidade, principalmene en pacientes coa doenza estabilizada, pero a robustez das evidencias era débil. 
  28. 28,0 28,1 28,2 Colafella KM, Uijl E, Danser J (2019). "Interference With the Renin–Angiotensin System (RAS): Classical Inhibitors and Novel Approaches". Encyclopedia of Endocrine Diseases. Elsevier. pp. 523–530. ISBN 978-0-12-812200-6. doi:10.1016/b978-0-12-801238-3.65341-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]