Proteólise

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A hidrólise dunha proteína (en vermello) polo ataque nucleofílico da auga (en azul). A vida media da reacción se non está catalizada é de varios centos de anos.

A proteólise é a degradación de proteínas ou ben por medio de encimas específicos, chamados proteases, ou ben por medio de dixestión intramolecular.

Proceso de degradación[editar | editar a fonte]

Se as protreínas se degradan durante a dixestión, participan proteases específicas como a tripsina, a quimotripsina, as carboxipeptidases e a elastase.

A degradación intracelular lévaa a cabo un complexo multiencimático denominado proteasoma, que actúa no citosol. Trátase dunha estrutura cilíndrica formada por proteases con dous extremos con complexos proteicos que alimentan a cámara interna do cilindro ao recoñeceren as proteínas. As proteínas que van ser degradadas foron previamente marcadas cunha pequena proteína chamada ubiquitina.

A proteólise ten varias funcións para a célula, entre elas:

  • Eliminación de metionina no extremo N-terminal tras a tradución.
  • Eliminación das secuencias sinal de péptidos despois do seu transporte a través da membrana.
  • Separación de proteínas virais que se traducen desde un ARN mensaxeiro monocistrónico.
  • Dixestión de proteínas dos alimentos como fonte de aminoácidos.
  • Conversión de proteínas inactivas (proencimas, cimóxenos, prehormonas) nas súas formas funcionais finais.
  • Degradación de ciclinas e outras proteínas requiridas para a progresión no ciclo celular.

A proteólise pode realizarse tamén no interior dos orgánulos chamados lisosomas, por medio dunhas proteases específicas chamadas catepsinas, das que hai uns 50 tipos diferentes. O pH óptimo para a súa actuación é de 5, e esta acidez obtense grazas a unha bomba de protóns. A degradación lisosomal recicla os aminoácidos das proteínas que non son anómalas, por exemplo, as que se encontran na membrana, ou se incorporaron á célula por endocitose. Non elimina proteínas "incorrectas". Son moi importantes en procesos como a regresión do útero tras o parto, que en 9 días pasa de pesar 2 kg a 50 g, ou na eliminación das membranas interdixitais durante o desenvolvemento fetal.

A proteólise tamén se usa moito en investigación e técnicas de diagnóstico.

Efecto proteolítico dalgúns velenos[editar | editar a fonte]

Algúns velenos, tales como aqueles producidos por certas especies de serpes, poden tamén producir proteólise. Estes velenos son de feito, fluídos dixestivos que evolucionaron de modo que comezan a actuar no exterior do corpo do animal. Os velenos proteolíticos poden causar un amplo espectro de efectos tóxicos,[1] tales como:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hayes WK. 2005. Investigación en los roles y variaciones de los venenos de serpiente. Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Loma Linda University.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]