Enrique Curiel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnrique Curiel
Biografía
Nacemento15 de abril de 1947 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de marzo de 2011 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Majadahonda, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

7 de setembro de 2004 – 27 de xuño de 2008
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

21 de xuño de 2004 – 7 de setembro de 2004
Deputado no Congreso dos Deputados
28 de xuño de 1993 – 27 de marzo de 1996

Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado no Congreso dos Deputados
10 de xullo de 1986 – 29 de novembro de 1988 – Francisco Moreno Gómez →

Circunscrición electoral: Córdoba (en) Traducir

Concelleiro de Madrid
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España
Partido Socialista Obrero Español
Izquierda Unida Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Federico Enrique Curiel Alonso, nado en Vigo o 15 de abril de 1947 e finado en Majadahonda (Madrid) o 2 de marzo de 2011, foi un político galego que militou en organizacións comunista e socialdemócratas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Luis Curiel Curiel e sobriño de Eugenio Curiel Curiel. Estudou a primaria na Coruña fixo o bacharelato en Vigo. En 1965 marchou a Madrid para estudar Ciencias Políticas que dende 1969 simultaneu con Dereito na Universidade Complutense. Participou no movemento estudantil como delegado do Sindicato Democrático de Estudiantes da Universidade de Madrid (SDEUM) e en 1968 uniuse ao Partido Socialista do Interior que viña de crear Enrique Tierno Galván. Ao ano seguinte pasou ao Partido Comunista de España. Foi detido e sufriu expedientes académicos que atrasaron os seus estudos, licenciandose finalmente en Ciencias Políticas. En 1979 foi elixido membro do Comité Central do PCE, en 1981 membro do Comité Executivo e de xaneiro de 1983 a decembro de 1987 foi vicesecretario xeral. Foi deputado no Congreso dos Deputados por Izquierda Unida elixido por Córdoba (1986-1988). Abandonou Izquierda Unida en 1988 por diferenzas co coordinador xeral Gerardo Iglesias. Logo da súa saída creou a Fundación Europa que en 1990 ingresou no PSOE considerando este partido a casa común da esquerda.[1] Foi concelleiro de Madrid polo PSOE (1991-1993), deputado por Pontevedra (1993-1996) e senador do PSOE desde o 2004 representando a circunscrición pontevedresa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]