Eugenio Curiel Curiel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Ferrol, España |
Morte | 27 de outubro de 1936 Villadangos del Páramo, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | profesor de ensino secundario, político |
Eugenio Curiel Curiel, nado en Ferrol e finado en Villadangos del Páramo o 27 de outubro de 1936, foi un profesor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras pola Universidade de Valladolid. Foi concelleiro de Valladolid na primeira corporación republicana. Militante de Izquierda Republicana. Foi catedrático do Instituto de Astorga e director do mesmo dende 1933.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 trasladouse a Vigo para apoiar ao seu irmán Luis na causa militar aberta contra el. Logo de ser sobresido o proceso contra Luis, volveu a Astorga. Foi detido o 18 de setembro xunto co sacerdote Bernardo Blanco Gaztambide e trasladado á prisión de San Marcos de León o 20 de setembro. O 27 de outubro sacáronos da prisión xunto con outros detidos coa desculpa dun traslado e asasináronos na estrada Astorga-León en Villadangos del Páramo.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2015 o Concello de Astorga dóulle o seu nome a unha rúa.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Gracias, juez, artigo de Enrique Curiel.
- Vídeo no YouTube