Enrique Cal Pardo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de novembro de 1922 Galdo, España |
Morte | 28 de abril de 2016 (93 anos) Burela, España |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote |
Enrique Cal Pardo, nado o 8 de novembro de 1922[1] en Galdo (Viveiro) e finado en Burela o 28 de abril de 2016[2], foi un escritor e sacerdote[3] católico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou inicialmente no Seminario de Mondoñedo e marchou a Santander para obter a licenciatura en Teoloxía na Universidade Pontificia Comillas, que obtivo no ano 1946. Regresou de volta a Mondoñedo, onde foi profesor of Teoloxía no Seminario Maior entre 1946 e 1967, onde ademais ocupou o cargo de reitor entre 1956 e 1958. En 1969 doutórase en Teoloxía, tamén en Comillas, e a partir de 1970 comezou a dar clase de teoloxía no Instituto Teolóxico de Santiago de Compostela, onde permaneceu ata a súa xubilación en 1992.
Vinculado á catedral de Mondoñedo e ao bispado de Mondoñedo, foi arquiveiro da catedral dende 1953, e deán catedralicio dende 1979, así como vigairo da diocese entre 1958 e 1966, e director diocesano do apostolado da oración, tamén de 1958 ata 1967.
Obras
[editar | editar a fonte]- Synodicon Hispanum, Madrid, 1981, obra colectiva a que Cal Pardo contribúe coa transcrición dos sínodos galegos anteriores ao Concilio de Trento.
- El monasterio de San Miguel de la isla de la Coelleira, Madrid, 1983.
- El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos, A Coruña, 1984.
- Catálogo de los documentos medievales, escritos en pergamino, del Archivo de la Catedral de Mondoñedo, Lugo, 1990.
- Vivero en la Edad Media, 1991.
- Catálogo-regesta de la documentación del siglo XVI del Archivo de la Catedral de Mondoñedo , 1992.
- Mondoñedo – Catedral, Ciudad, Obispado – en el siglo XVI. Catálogo de los documentos del Archivo, Lugo, 1992.
- Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo, 1999, reeditado en 2005.
- La Catedral de Mondoñedo, 2002.
- Rehabilitación del Museo Catedralicio y Diocesano de Mondoñedo, 2004
- Tumbos da Catedral de Mondoñedo, 2005 e 2006, en varios tomos.
Honras
[editar | editar a fonte]A Xunta de Galicia concedeulle a Medalla de Bronce de Galicia, en 1997.
Tamén escribiu numerosos artigos e notas sobre o Episcopoloxio Mindoniense, ou sexa, a historia dos bispos da diocese de Mondoñedo, así como sobre a colección musical da catedral.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Enrique Cal Pardo". estudios históricos. Arquivado dende o orixinal o 20/11/2008. Consultado o 30/4/2016.
- ↑ "Galicia e A Mariña perden a Cal Pardo, gran historiador da Igrexa". La Voz de Galicia. Consultado o 30/4/2016.
- ↑ "Destacan en Viveiro «as múltiples facianas» de Cal Pardo, abriendo camino a los nuevos investigadores". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-06-19. Consultado o 2022-01-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.