Saltar ao contido

Enema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enema
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Medio usado
Códigos e identificadores
Freebase/m/0ldsr Editar o valor en Wikidata
MeSHD004733 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776530707 e C3019222653 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
"Enema". Século XVIII. Museu Nacional do Azulejo, Lisboa.

Denomínase enema,[1] lavativa,[2] ou clister,[2] ao procedemiento terapéutico de introducir líquidos no recto ou no colon a través do ano, así como ao instrumento co que se realiza esta operación.[2]

Os enemas poden llevarse a cabo por razóns médicas ou de hixiene, con fins diagnósticos, ou como parte de terapias alternativas ou tradicionais, e mesmo para obter excitación sexual.

Tipos de enemas

[editar | editar a fonte]

Os enemas médicos ou por hixiene úsanse desde hai séculos e son basicamente de dous tipos:[3]

Enema evacuante

[editar | editar a fonte]

Os enemas evacuantes, que xeralmente actúan de inmediato (de 15 a 20 minutos como máximo), úsanse para tratar a retención fecal, a eliminación de fecalomas, ou o estrinximento, como, por exemplo, nas mulleres embarazadas úsanse para aliviar a molestia causada por este, que a algunhas lles produce a inxesta de suplementos nutricionais.

Enema opaco ou de retención

[editar | editar a fonte]

Os enemas opacos (ou de retención), que requiren a retención da substancia introducida durante dun mínimo de trinta minutos até varias horas, úsanse para introducir medicamentos ou substancias radiopacas, como o sulfato de bario, e así visualizar mediante exploracións radioscópicas ou radiográficas imaxes do tracto intestinal inferior con fins diagnósticos.[4]

Outros tipos

[editar | editar a fonte]

Enema para alimentación

[editar | editar a fonte]

Tamén existían enemas para a alimentación por vía rectal, pero actualmente están en desuso.

Enema clismafílico

[editar | editar a fonte]

Os enemas clismafílicos son enemas que se realizan como vehículo para obter excitación sexual, é dicir, que forman parte de prácticas sexuais, como expresión ou variación de parafilias, sobre todo sadomasoquistas.[5]

Substancias para enemas

[editar | editar a fonte]

Os enemas evacuantes realízanse con auga, solucións salinas, solucións xabonosas, emulsións con aceite o con glicerina e solucións hipertónicas; existen tamén preparados comerciais. Xeralmente todas estas substancias aplícanse á temperatura corporal (37 °C).

Os enemas opacos ou de retención (ás veces precedidos por enemas de evacuación ou limpeza) fanse con aceite de oliva (enema oleoso ou emoliente), medicamentos diversos como antihelmínticos ou laxantes e antisépticos, sulfato de bario e líquidos con nutrientes en caso do enema alimenticio, así como líquidos para a hidratación (proctólise).

En medicina alternativa úsanse enemas de café para afeccións hepáticas polo seu efecto colerético (é dicir, activador da produción da bile).[6]

Contraindicacións

[editar | editar a fonte]

Xeralmente non se deben practicar enemas nos seguintes casos:[7]

  • Inflamación intestinal
  • Apendicite
  • Peritonite
  • Traumatismo abdominal
  • Postoperatorio de cirurxías abdominais
  • Sangrado de tubo dixestivo
  • Sensibilidade aos compoñentes da fórmula
  • Deshidratación
  • Hemorroide

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. enema no Dicionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia / Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Santiago de Compostela, 2002, ISBN 84-453-3371-2.
  2. 1 2 3 lavativa no Dicionarios da RAG.
  3. Ania Palacio, José Manuel (1995): Manual práctico de Auxiliar de Enfermería. Sevilla: Editorial MAD. ISBN 978-84-8883-456-0.
  4. Enema opaco no Dicionario galego de termos médicos.
  5. Brater, Jürgen (2006): Sexualidad sin tabúes. Barcelona: Editorial Robinbook. ISBN 978-84-7927-856-4.
  6. Palmetti, Néstor (2007): Intestinos: técnicas caseras para una vida saludable. Buenos Aires: Editorial Kier. ISBN 978-95-0175-352-3.
  7. Osenat, Pierre (1995): Manual de la auxiliar sanitaria. Barcelona / Madrid: Elsevier España. ISBN 978-84-4580-285-4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]