Endoparasito
Aparencia
Un endoparasito é un parasito que vive no interior do seu hospedeiro.[1] [2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo está forma polo elemento endo-, tirado do grego antigo ἔνδον éndon, "dentro", e parasito.[1][3]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]- Parasito interno
Tipos de endoparasitos
[editar | editar a fonte]Existen endoparasitos vexetais (endófitos), ou animais (endozoos).[3]
Por outra parte, hai parasitos que atacan aos vexetais e outros aos animais e, segundo os tecidos atacados, a fisionomía, etc., poden distinguirse diferentes tipos.
Estes parasitos, á súa vez, divídense en:[3]
- Intracelulares: necesitan desenvolver polo menos unha parte do seu ciclo de vida dentro das células.
- Extracelulares: parasitan fóra das células (en tecidos ou en órganos).
Enfermidades parasitarias
[editar | editar a fonte]Moitas enfermidades son provocadas por endoparasitos:
- Entre elas a malaria,[4] e a leishmaniose,[5] nos humanos; e
- Nos vexetais, os oídios da vide (Erysiphe necator) e do carballo (Erysiphe alphitoides), e o visgo (Viscum album).[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 VV.AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume I. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-070-1.
- ↑ Ledo Cabido, B., dir. (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica, Tomo I. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0076-7.
- ↑ Organización Mundial da Saúde (ed.). "Paludismo. Datos y cifras" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2014. Consultado o 22 de abril de 2020.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para leishmaniose.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a entrada do Galizionario acerca de Endoparasito |