Proglote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proglote de Taenia saginata grávida.

Proglote é o nome que recibe cada un dos segmentos en que se divide o "corpo" dos vermes planos (platihelmintos) da clase dos cestodos.[1]

O conxunto das proglotes forma o estróbilo ou "corpo" do verme.

As proglotes son producidas a partir do "pescozo" (estreitamento da parte posterior do escólex ou "cabeza" do verme) por un crecemento mitótico, seguido dunha constrición transversal. Os segmentos fanse máis grandes e maduros cando son desprazados cara a atrás por segmentos máis novos.[2]

Cada proglote contén un aparato reprodutor hermafrodita completo, e comparten un sistema nervioso común co resto. As proglotes máis proximas ao escólex son máis novas e inmaturas; as proglotes centrais son maduras e poden reproducirse, mentres que as proglotes terminais son grávidas e están cheas de centos ou milleiros de pequenos ovos; estas proglotes grávidas adoitan desprenderse do estróbilo e seren evacuadas coas feces do hospedeiro, e son a fonte da infestación.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. proglote no Dicionario da RAG.
  2. Ruppert, Edward E.; Fox, Richard, S. & Barnes, Robert D. (2004): Invertebrate Zoology, 7th edition. Cengage Learning. ISBN 978-81-315-0104-7, pp. 258–263.
  3. VV.AA. (1966): Vocabulario científico y técnico. 3ª ed. Madrid: Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales / Espasa Calpe, S. A. ISBN 84-239-9407-4, p. 821.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]