Encarnación Ortega Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEncarnación Ortega Pardo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de maio de 1920 Editar o valor em Wikidata
Ponte Caldelas, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de decembro de 1995 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Pamplona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro do Opus Dei (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1677200


Encarnita Ortega Pardo, nada en Ponte Caldelas o 5 de maio de 1920 e finada en Pamplona o 1 de decembro de 1995, foi unha divulgadora da moda e emprendedora galega e unha das primeiras mulleres do Opus Dei.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do aragonés José María Ortega e da galega Manuela Pardo. O matrimonio tivo tres fillos: Teresa, Encarnita e Gregorio. A familia trasladouse en 1926 a Teruel, onde os sorprendeu a guerra civil.[2] Con tan dezasete anos Encarnita foi apresada e levada a un cárcere en Valencia, onde permaneceu ao concluír a contenda.[3] Desde o cárcere Encarnita contáballe ao seu pai que estudaba francés, arte e taquigrafía.[4]

Traballou en Acción Católica como Vicesecretaría de Menores e Propagandista da Mocidade Feminina.[5] En 1941 leu o libro Camino, e asistiu a uns exercicios espirituais que Josemaría Escrivá dirixiu a un grupo de mulleres na localidade valenciana de Alacuás. O último día dos exercicios solicitou a súa admisión no Opus Dei, o que supuxo un xiro importante nos seus gustos e aspiracións.

O 16 de xuño de 1942 incorporouse ao Centro de Jorge Manrique (Madrid) —o primeiro Centro do Opus Dei para o labor apostólico con mulleres—, onde coincidiu con Nisa González Gúzman, Visitación Alvira e Concepción Fernández del Amo.[6] Alí Josemaría Escrivá mostroulles os diversos proxectos que nun futuro porían en marcha: residencias para universitarias, casas de maternidade, granxas para labregas, actividades relacionadas coa moda, casas de capacitación social para a muller, bibliotecas circulantes ou librarías, xunto co apostolado persoal de cada unha das asociadas.[5]

Desde o Centro de Jorge Manrique, Encarnita ocupouse de atender a Administración do Centro de Nuñez de Balboa (1942). Ao ano seguinte, Encarnita foise á Administración da residencia da Moncloa, xunto con Nisa González Gúzman e Amparo Rodríguez Casado. En maio de 1944 Encarnita regresou ao Centro de Jorge Manrique como directora.[5] Na primavera dese ano participou nas primeiras viaxes apostólicas que as mulleres do Opus Dei realizaron desde Madrid a diversas capitais españolas: Valencia —desde onde atendía a residencia Samaniego—, Salamanca, Valladolid e Zaragoza.[7]


Entre 1943 e 1946 púxose en marcha a editorial Minerva, como un medio para promover a lectura —sobre todo entre mulleres—, de libros variados. Entre os seus obxectivos estaba o de promocionar a novas poetisas españolas e a edición de obras literarias escritas por mulleres de renome, de diversas nacionalidades, pensamento, estilo literario e época histórica.[8] Encarnita colaborou activamente xunto con Guadalupe Ortiz de Landázuri en dita editorial, durante a publicación do libro de La Victoria del Amor, que correspondía á terceira parte do Abecedario espiritual do beato Francisco de Osuna.[5]

Durante o verán de 1945 asistiu a un curso formativo en Los Rosales xunto con once mulleres máis.[5] O 1 de novembro de 1945 o Centro de Jorge Manrique trasladouse á rúa de Zurbarán, onde comeza unha residencia universitaria.

Roma[editar | editar a fonte]

O 27 de decembro de 1946 trasladouse, xunto con outras catro mulleres, a Roma para atender a administración doméstica do Centro de Città Leonina, a primeira casa onde se aloxou Josemaría Escrivá. O 21 de xullo de 1947 trasladáronse á rúa Bruno Buozzi, a sede central definitiva do Opus Dei (Vila Tevere). En 1953 nomeárona secretaria central da Asesoría Central. Durante os seguintes anos a expansión apostólica ampliouse até os Estados Unidos, Canadá, Hispanoamérica, África e Asia.[7]

Encarnita ocupouse de coidar de Carmen Escrivá, a irmá do fundador do Opus Dei que padecía unha enfermidade mortal. Os seus coidados prolongáronse desde abril até o seu falecemento o 20 de xuño de 1957.[2]

España: o mundo da moda[editar | editar a fonte]

En outubro de 1961 regresou a España: Madrid (1961), Barcelona (1962-1964), Oviedo (1964-1972); Valladolid (1973-1995); Pamplona (1995). En Oviedo, tras coñecer a diversos empresarios do mundo da moda, interesouse por desenvolver diversos proxectos —desfiles de moda, conferencias,...— nos que influíu nas ideas e deseños, enfocándoos con sentido cristián.[2]

En 1980 diagnosticáronlle un cancro. Tras someterse a tres intervencións cirúrxicas, tratamentos de cobaltoterapia e quimioterapia, faleceu na Clínica Universitaria de Pamplona o 1 de decembro de 1995.[9]

Causa de canonización[editar | editar a fonte]

O Decreto de introdución da causa de canonización e o nomeamento do Tribunal publicáronse o 10 de marzo de 2009 en Valladolid. En 2012 clausurouse o proceso e entregouse a documentación á Congregación para as Causas dos Santos.[10]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Ortega, Encarnita, (1993). La moda, ¿la conoces en toda su dimensión? Oviedo: Alvizoras, 74 pp., ISBN: 84-86889-23-5.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Royo García, Juan Ramón (2012). "Santidad aragonesa contemporánea (1808-2001)" CXXX (5.240): I–IV. 
  2. 2,0 2,1 2,2 del Riego Ganuza, Maite (2006). Encarnita Ortega: hablando de tú a Dios. Madrid: Palabra. p. 92. ISBN 8482399993. 
  3. Díaz Hernández, Onésimo (2019). "El triunfo de la violencia en la Guerra Civil española". Mujeres protagonistas del siglo XX: a través de sus biografías, novelas y películas. Barcelona: Base. pp. 88–95. ISBN 9788417760557. 
  4. Ruiz-Manjón, Octavio (2016). Algunos hombres buenos. Historia de mujeres y hombres que pusieron la justicia por encima de las ideologías durante la Guerra Civil. Madrid: Espasa. ISBN 9788467046687. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Alva, Inmaculada; Montero, Mercedes (2021). El hecho inesperado: Mujeres en el Opus Dei (1930-1950). Madrid: Rialp. pp. 16 pp. de il. + 321. ISBN 9788432153679. 
  6. Quiroga, Francisca R. (2010). "Apuntes para una reseña biográfica de Narcisa González Guzmán, una de las primeras mujeres del Opus Dei" IV (4). Roma: EDUSC: 339–371. ISSN 1970-4879. Consultado o 2023-05-18. 
  7. 7,0 7,1 Merino Bobillo, María (2013). "Voz: «Ortega Pardo, Encarnación (Encarnita)". En Illanes Maestre, José Luis. Diccionario de San Josemaría Escrivá de Balaguer. Burgos - Roma: Monte Carmelo - Instituto Histórico Josemaría Escrivá. pp. 924–926. ISBN 9788483535585. 
  8. Montero, Mercedes (2017). "La editorial Minerva (1943-1946). Un ensayo de cultura popular y cristiana de las primeras mujeres del Opus Dei". Roma: PUSC. ISSN 1970-4879. Consultado o 2023-05-23. 
  9. del Riego Ganuza, Maite (2003). Páginas de amistad: relatos en torno a Encarnita Ortega. Madrid: Rialp. p. 212. ISBN 8432134309. 
  10. Martín de la Hoz, José Carlos (2013). "Información sobre las causas de canonización de algunos fieles del Opus Dei" VII (7). Roma. ISSN 1970-4879. Consultado o 2023-05-19.