Emirato de Abu Zabi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Emirato de Abu Dabi")
إمارة أبو ظبي

Emirato de Abu Zabi
Bandeira de Abu Zabi Emblema de Abu Zabi
Bandeira Emblema
 
MapEmirateAbuDhabi-2.PNG
 
Capital
 • Poboación
Abu Zabi

Linguas oficiais
Árabe
Forma de goberno Monarquía constitucional[1]
Khalifa bin Zayed Al Nahyan
Independencia
do Reino Unido
2 de decembro de 1971
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

67.340 km²

n/d km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade

2.210.700[2]
35´7 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita


PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita


IDH
Moeda
Xentilicio
Fuso horario UTC+4
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO
Tódolos países do mundo
Abu Dhabi from Space-ISS006-E-32079-March 2003.JPG
AbuDhabi02.JPG

O emirato de Abu Zabi[3][4][5] (en árabe: ابوظبي, Abū Ẓabī) é o maior dos sete emiratos integrados nos Emiratos Árabes Unidos, Zayed bin Sultan Al Nahayan é o emir actual e Presidente dos Emiratos. O emirato ocupa 67.350 km², o que representa o 87% do total dos Emiratos e en xuño de 2011 tiña 2.120.700 habitantes, dos cales, 439.100 (menos do 21%) eran cidadáns emiratíes, o 80% eran estranxeiros. A capital do emirato é Abu Zabi.

Os primeiros habitantes coñecidos da zona asentáronse arredor do 3.000 a.C. na illa de Umm an-Nar. Os Bani Yas instaláronse en Abu Zabi no 1793. En 1833 separouse de Dubai. En 1958 atopouse o primeiro pozo petroleiro, e dende entón o petróleo é a base da economía do emirato, hoxe o emirato posúe o 5% das reservas de gas natural e o 10% do petróleo. En 1971 integrouse nos Emiratos Árabes Unidos.

Dividido administrativamente en tres rexións: a cidade de Abu Dabi, a rexión oriental con capital en Al Ain e a rexión occidental con capital en Bida Zayed.

O Produto Interno Bruto (PIB) estimado de Abu Zabi, en 2011, ascendía a 806.031 millóns de AED. Minas e canteiras (inclúe petróleo cru e gas natural) representan a maior contribución ao PIB (58´5 por cento en 2011). Industrias relacionadas coa construción son o seguinte contribuínte máis grande (10´1 por cento en 2011). O PIB creceu a 911.600.000.000 AED no 2012, ou máis de 100 mil dólares per cápita.

Nos últimos tempos, o emirato contribuíu de forma continua en torno ao 60 por cento do PIB dos Emiratos Árabes Unidos, mentres que a súa poboación constitúe só o 34 por cento da poboación total EAU segundo o censo de 2005.[6]

A principios da década de 1970, dous importantes acontecementos axudaron ao emirato a dar o gran salto no camiño do desenvolvemento. O primeiro foi o establecemento dos Emiratos Árabes Unidos en decembro de 1971 con Abu Zabi como capital política e administrativa. O segundo foi o forte aumento dos prezos do petróleo a raíz da guerra do outubro de 1973, que acompañou a un cambio na relación entre os países produtores de petróleo e as compañías petroleiras estranxeiras, o que leva a un aumento espectacular nos ingresos do petróleo.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

"Zabi" é o nome árabe dunha especie particular de gacela árabe nativa que algunha vez foi común na rexión. Abu Zabi significa pai da "Zabi" (gacela). Crese que este nome produciuse debido á abundancia de gacelas na área de Ther e un conto popular que implica a Shakhbut bin Dhiyab al Nahyan[7]

Historia[editar | editar a fonte]

Fortaleza de Qasr al-Hosn en Abu Zabi, que data do século XVIII

Rexións de Abu Zabi establecéronse xa no 3º milenio aC e a súa historia tempérana axústase ao patrón típico da rexión, gandería e pesca nómade en xeral. O moderno Abu Zabi ten as súas orixes no xurdimento dunha importante confederación tribal, a Bani Yas, a finais do século XVIII, que tamén asumiu o control de Dubai. No século XIX as ramas de Dubai e Abu Zabi separáronse.

Na metade do século XX, a economía de Abu Zabi continuou sendo sostida principalmente polo pastoreo de camelos, produción de datiles e verduras nos oasis interiores de Al-`Ain e Liwa, a pesca e o mergullo para a busca de perlas na costa da cidade de Abu Zabi, principalmente durante os meses de verán. A maioría das vivendas na cidade de Abu Zabi eran, neste momento, construídas de palmas frondosas (barasti), e as familias máis ricas en chozas de barro. O crecemento da industria de perlas cultivadas na primeira metade do século XX creou dificultades para os habitantes de Abu Zabi xa que as perlas representaban a maior exportación e a principal fonte de ingresos en efectivo.

En 1939, o Sheikh Shakhbut Bin-Sultan Al Nahyan outorgou concesións petroleiras, e atopouse petróleo por primeira vez en 1958. Nun principio, o diñeiro do petróleo tivo un impacto marxinal. Levantáronse algúns edificios de formigón de baixa altura, e construíuse a primeira estrada asfaltada en 1961, pero o xeque Shakbut, sen saber se as novas regalías do petróleo durarían, tomou un enfoque cauteloso, preferindo aforrar os ingresos en lugar de investir no desenvolvemento.

Sheikh Zayed bin Sultan Al Nahyan, emir de Abu Zabi e fundador da Federación (selo de 1967)

O seu irmán, o xeque Zayed bin Sultan Al Nahyan, viu que a riqueza petroleira tiña o potencial de transformar Abu Zabi. A familia gobernante Al Nahyan decidiu que o xeque Zayed debía substituír ao seu irmán como gobernante e levar a cabo a súa visión de desenvolvemento do país. O 6 de agosto de 1966, coa axuda dos británicos, o xeque Zayed converteuse no novo gobernante.[8]

Co anuncio feito polo Reino Unido en 1968 de que se retiraría da zona do Golfo Pérsico en 1971, o xeque Zayed converteuse na principal forza impulsora detrás da formación dos Emiratos Árabes Unidos.

Logo de que os Emiratos obtiveran a súa independencia en 1971, a riqueza petroleira continuou fluíndo e a zona de chozas de adobe tradicionais foron substituídas rapidamente por bancos, boutiques e rañaceos modernos.

Na actualidade, Abu Zabi conta coa que se estima que é a renda per cápita absoluta máis alta do mundo,[Cómpre referencia] polo nivel dos fondos de riqueza soberana, calculado en 1.000.000 USD por habitante local nacional.[Cómpre referencia]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa xeográfico do emirato de Abu Zabi

Os Emiratos Árabes Unidos atópase na rexión rica en petróleo e estratéxica do Golfo Pérsico. Linda co Reino de Arabia Saudita e Sultanato de Omán.

Abu Zabi atópase na parte máis ao oeste e suroeste dos Emiratos Árabes Unidos ao longo da costa sur do Golfo Pérsico entre as latitudes 22° 40'e ao redor de 25° norte e as lonxitudes 51° e ao redor de 56° leste. É fronteirizo co Emirato de Dubai e o Emirato de Sharjah ao norte.

A área total do Emirato é de 67.340 quilómetros cadrados, ocupando ao redor do 87% da superficie total dos Emiratos Árabes Unidos, con exclusión das illas. As augas territoriais do Emirato abarcan ao redor de 200 illas fronte á súa costa de 700 quilómetros. A topografía do Emirato está dominado por terreo areoso de baixa altitude salpicado de dunas de area superior a 300 metros de altura nalgunhas zonas cara ao sur. A parte oriental do Emirato bordea as marxes occidentais das montañas da al-Hajar. O monte Hafeet, é a elevación máis alta de Abu Zabi, con preto de 1.300 metros, atópase ao sur da cidade de Al Ain.[2]

O cultivo da terra e de rego para a agricultura e a reforestación na última década aumentou o tamaño das áreas "verdes" no emirato a aproximadamente a un 5% da superficie total, incluíndo parques e plantacións. Cerca do 1´2% da superficie total do país utilízase para a agricultura. Unha pequena parte da superficie terrestre está cuberta de montañas, que conteñen varias covas. A zona costeira contén humidais e mangleirais. Abu Zabi tamén ten ducias de illas, na súa maioría pequenas e deshabitadas, algunhas das cales foron designados como refuxios para a vida silvestre..[9]

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Abu Zabi está dividido en 3 Rexións:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Emirato de Abu Zabi

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.wam.ae/servlet/Satellite?c=WamLocEnews&cid=1289999363226&pagename=WAM%2FWAM_E_Layout&parent=Query&parentid=1135099399852
  2. 2,0 2,1 "Statistical Yearbook of Abu Dhabi 2012". Statistics Centre - Abu Dhabi (SCAD). 
  3. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1303. ISBN 9788482887524. 
  4. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 107. ISBN 84-8158-266-2. 
  5. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. 
  6. "Abu Dhabi Over a Half Century". Statistics Centre - Abu Dhabi (SCAD). 
  7. http://www.uae-tour.com
  8. See Al-Fahim, M, From Rags to Riches: A Story of Abu Dhabi, Chapter Six (London Centre of Arab Studies, 1995), ISBN 1-900404-00-1.
  9. Islands of Abu Dhabi

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.