Emilio Durán Corsanego
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1923 (101 anos) A Coruña, España |
Eurodeputado | |
Representa: Coalición Popular 1 de xaneiro de 1986 – 5 de xullo de 1987 Lexislatura: II lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
16 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986 Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 1982 en España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas |
Ocupación | político , xurista |
Partido político | Coalición Popular |
Lingua | Lingua castelá |
Emilio Durán Corsanego, nado na Coruña o 14 de febreiro de 1923, é un xurista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi mestre de Primeira Ensinanza na Escola Normal da Coruña e profesor mercantil na Escola de Altos Estudos Mercantís da Coruña. En 1946 licenciouse en Dereito pola Universidade Literaria de Santiago, e en 1948 ingresou no Notariado. Exerceu como tal en Ayorbe (provincia de Huesca), As Pontes de García Rodríguez, Cartaxena, Vigo, Bilbao e Madrid. En 1949 comezou a traballar como rexistrador da propiedade, cargo que exerceu en Sedano (provincia de Burgos), Ponte Caldelas, A Coruña, Palma e Madrid. En 2003 doutorouse en Dereito con sobresaínte cum laude.
Nas Eleccións xerais de España de 1982 foi elixido deputado pola provincia da Coruña por Alianza Popular[1][2]. Tras a entrada de España na Unión Europea foi nomeado deputado do Parlamento Europeo en 1986, cargo que mantivo até as eleccións do ano seguinte[3].
Obra
[editar | editar a fonte]- La autorregulación de la tutela. Editorial Universitaria Ramón Areces, 2007.
- "El automóvil y el Dr. Durán". Madrid, 1996. Accésit do V premio Fundación RACE[4].
Publicou artigos biográficos sobre notarios e rexistradores da propiedade en Gaceta de los Notarios e Pausa. Tamén publicou traballos no Boletín del Colegio Nacional de Registradores de la Propiedad, e artigos en prensa sobre Hispanoamérica, a lingua galega e o Apóstolo Santiago.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Descendente do médico de Feás Ángel Durán Villanovo, casou con Lucía de la Colina Unda, con quen tivo oito fillos e vinte netos
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Quién es quién en el nuevo Congreso de los Diputados", reportaxe en ABC, 24 de novembro de 1982 (en castelán).
- ↑ Ficha Arquivado 12 de setembro de 2017 en Wayback Machine. na web do Congreso dos Deputados (en castelán).
- ↑ Ficha na web do Parlamento Europeo (en castelán).
- ↑ González Martín, X. (2007): 120 anos de ciclismo galego. Vigo, Editorial Galaxia, páx. 21. ISBN 9788471541161
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na web Galegos.