Emilio Araúxo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1946 (77/78 anos) Coles, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, editor, etnógrafo, tradutor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Emilio Araúxo Iglesias, nado en Coles en 1946, é un escritor, etnógrafo, editor e tradutor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filosofía, foi profesor de Filosofía no ensino medio. En 1995 fundou a editora Noitarenga. En 2001 fundou unha nova editora, Amastra-N-Gallar. Actualmente reside en Lalín.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Cinsa do vento: libro da Ribeira Sacra (Noitarenga, 1996).
- Pois (Noitarenga, 1998).
- As chairas da letra (Noitarenga, 1998).
- Seica si (Chan da Pólvora, 2017)
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Tempos serodios (Edicións do Cumio, 1996).
- A roupa gastabámola escura (Toxosoutos, 2015).
- Mal mor (Axóuxere, 2018)[1]
- Ceo cerca da terra (cara a Requeixo de Queixa) (2019). Toxosoutos. 367 páxs. ISBN 978-84-948966-9-9.
- Había vontade e repartíase co Señor Afranio (2022). Noia: Toxosoutos. 130 páxs. ISBN 978-84-125915-2-1.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Sombra respirada dunha reliquia (barquilleiros). Amastra-N-Gallar, 2012.
- Balbina (Toxosoutos, 2015).
- Chancras (Toxosoutos, 2017)
- Xúntase toda a terra (O Entroido en Barcia e Vilaverde) (2020). Toxosoutos. 365 páxs.
- O filósofo do arado (Varela Buxán) (2021). Noia: Toxosoutos. 132 páxs. ISBN 978-84-123409-4-5.
- A ola (2023). Noia: Toxosoutos. 434 páxs. ISBN 978-84-126701-8-9.
- Vai quedar a serra soa (Mormentelos) (2024). Noia: Toxosoutos. 366 páxs. ISBN 978-84-127489-9-4.
Como editor
[editar | editar a fonte]- Do lado dos ollos. Arredor da poesía, entrevistas con 79 poetas do mundo (Edicións do Cumio, 2002).
Como tradutor
[editar | editar a fonte]- Rapsodia polo teatro: breve tratado filosófico, de Alain Badiou. En colaboración con Luis Martul. (Sotelo Blanco, 1994). Fixo tamén a tradución en castelán: Rapsodia por el teatro: (breve tratado filosófico) (Ed. Ágora, 1993).
- Arredor da cuestión nacional, de Alain Badiou. En colaboración con Luis Martul. (Noitarenga, 1995).
- A ética: ensaio sobra a conciencia do mal, de Alain Badiou. En colaboración con Luis Martul. (Noitarenga, 1995).
- Mundo contemporáneo e desexo de filosofía, de Alain Badiou. En colaboración con Luis Martul. (Noitarenga, 1995).
- Espectador e actor, de François Regnault. En colaboración con Luis Martul. (Noitarenga, 1995).
- ABNM: diálogo Alain Badiou-Natacha Michel, de Natacha Michel. En colaboración con Luis Martul. (Noitarenga, 1997).
- Samuel Beckett, o incansable desexo, de Alain Badiou. En colaboración con Luis Martul. (Noitarenga, 1997).
- Labrego coma (cinco veces), de James Sacré (Noitarenga, 1999).
- As naturezas indivisibles, de Claude Royet-Journoud (Noitarenga, 2000).
- A poesía como condición da filosofía, de Alain Badiou (Amastra-N-Gallar, 2001).
- A idade dos poetas, de Alain Badiou (Amastra-N-Gallar, 2002).
- Entón, de Florence Pazzottu (Amastra-N-Gallar, 2003).
- Sobre o binario psicanálise-poesía, de Joseph Attié (Amastra-N-Gallar, 2003).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ramón Nicolás (17/03/2018). "Mal Mor, de Emilio Araúxo". Caderno da crítica.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santorum, Gracia (2009). Fervenza, ed. Dicionario de escritores de Deza. A Estrada. p. 23. ISBN 978-84-96368-00-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O poeta Emilio Araúxo reescribe Beckett Arquivado 07 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., artigo de Daniel Salgado en Sermos Galiza o 6 de febreiro de 2018.
- Emilio Araúxo: ´No es posible una enseñanza si no hay un profesor que con su voz transmita un saber´ entrevista en Faro de Vigo (en castelán)