Emanuel Insúa
Emanuel Insúa | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Emanuel Mariano Insúa Zapata | ||
Nacemento | 10 de abril de 1991 | ||
Lugar de nacemento | Buenos Aires | ||
Altura | 1,81 m. | ||
Posición | Lateral esquerdo | ||
Información de club | |||
Club actual | Banfield | ||
Carreira xuvenil | |||
2004–2012 | Boca Juniors | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2012–2015 | Boca Juniors | 38 | (2) |
2012–2013 | → Godoy Cruz | 14 | (0) |
2015 | Granada | 12 | (0) |
2015–2017 | Udinese | 0 | (0) |
2016 | → Newell's Old Boys | 15 | (2) |
2016–2017 | → Racing Club | 20 | (0) |
2017–2020 | Panathinaikos | 60 | (4) |
2020–2021 | AEK Atenas | 13 | (0) |
2022 | Vélez Sársfield | 8 | (0) |
2023– | Banfield | 30 | (2) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 21 de agosto de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Emanuel Mariano Insúa Zapata, nado o 10 de abril de 1991 en Buenos Aires, é un futbolista arxentino que xoga como lateral esquerdo no Banfield da Primeira División arxentina. É irmán do exfutbolista Emiliano Insúa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Buenos Aires, sendo neto de emigrantes galegos, procedentes do concello de Carral e do lugar de Vilarbetote, no concello lucense de Trabada.[1]
Formouse nas categorías inferiores do Boca Juniors, subindo ao primeiro equipo en xullo de 2011 para facer a pretemporada co club no Brasil. O 25 de abril de 2012 debutou oficialmente co primeiro equipo ante o Olimpo de Bahía Blanca, nun encontro correspondente á Copa Arxentina, no que o Boca Juniors gañou nos penaltis tras igualar 1 a 1. Con Julio César Falcioni como adestrador, Boca acabou gañando a Copa en agosto dese mesmo ano. Na tempada seguinte, para gañar experiencia e minutos de xogo, foi cedido ao Godoy Cruz de Mendoza, onde tivo grandes actuacións e consolidouse na titularidade. En total, xogou 34 partidos e marcou un gol.
No seu regreso ao Boca Juniors para a tempada 2012/13, consolidouse como titular. Porén, poucos días despois de marcar o seu primeiro gol, sufriu unha espondilose lumbar que o deixou fóra de competición durante 75 días. Volveu ao once inicial o 1 de decembro ante o Lanús na xornada 18 do Torneo Inicial 2014. Comezou o Torneo Final 2014 por detrás do xuvenil Nahuel Zárate, ao que lle quitou rapidamente a titularidade, converténdose de novo no principal lateral esquerdo do equipo.
Trala marcha de Carlos Bianchi, o novo adestrador, Rodolfo Arruabarrena, decidiu colocar a Nicolás Colazo na posición de lateral esquerdo, relegando a Insúa ao banco de suplentes. En total, xogou 15 partidos e marcou un gol ese semestre. A principios de 2015, tendo en conta que o club buscaba un lateral esquerdo, Insúa aceptou abandonar o club e emigrar ao fútbol europeo.
Fichou en xaneiro de 2015 polo Granada CF,[2] co que debutou na Primeira División de España na xornada 20 da tempada 2014/15, fronte o Deportivo da Coruña en Riazor.[3] Sen sitio no equipo para a tempada seguinte, foi traspasado ao Udinese italiano, a cambio de 2,5 millóns de euros.[4] Xogou só un partido da Copa Italia antes de marchar cedido en xaneiro ao Newell's Old Boys,[5] co que disputou 15 partidos da Primeira División Arxentina, marcando dous goles. En xullo de 2016, volveu saír cedido, desta vez ao Racing Club, onde disputou 20 partidos de liga e un da Copa Suramericana fronte ao Águilas Doradas. Ao final da tempada, regresou a Europa e en agosto de 2017 asinou por tres tempadas co Panathinaikos FC.[6]
En 2020, tras tres tempadas no Panathinaikos, fichou polo AEK de Atenas,[7] co que debutou na Europa League nun partido contra o Leicester.[8] Disputou un total de 19 partidos co club grego. En febreiro de 2021 foi cedido ao Aldovisi arxentino, e asinou contrato xunto co seu irmán Emiliano, coincidindo por primeira vez ambos no mesmo equipo.[9][10] Xogou un total de 28 partidos co club adestrado por Fernando Gago, e en xaneiro de 2022 fichou por Vélez Sársfield.[11]
Militou unha soa campaña no club bonaerense, co que disputou un total de 18 encontros oficiais. En xaneiro de 2023 anunciouse a súa fichaxe por Banfield.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barreiros, Pedro J. (31 de xullo de 2017). "«Si me invitan, estaría encantado de acudir con la selección gallega»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Granada ficha al argentino Emanuel Insúa" (en castelán). 20 de xaneiro de 2015. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ Fernández, Carlos Alberto (25 de xaneiro de 2015). "El Granada araña un empate al Deportivo en Riazor". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Martins se va cedido al Osasuna e Insúa traspasado al Udinese italiano". La Vanguardia (en castelán). 23 de agosto de 2015. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Newell's Old Boys, llega cedido el ex granadista Insúa" (en castelán). 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ Agreement with Emanuel Insúa - Panathinaikos FC official web site Arquivado 30 de decembro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés).
- ↑ "AEK Atenas, llega el ex granadista Emanuel Insua" (en castelán). 13 de agosto de 2020. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "AEK - Leicester 2020". UEFA (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Los Insúa en Aldosivi: “Gracias por hacer este sueño realidad”" (en castelán). 18 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Los hermanos Insúa: fútbol, Gago y chicanas" (en castelán). 25 de marzo de 2021. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Vélez acuerda los primeros refuerzos con las llegadas de Emanuel Insúa y Franco Díaz" (en castelán). 4 de xaneiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2022. Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "¡Banfield suma a Emanuel Insúa!" (en castelán). 3 de xaneiro de 2023. Consultado o 21 de agosto de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en Buenos Aires
- Nados en 1991
- Arxentinos de ascendencia galega
- Futbolistas da Arxentina
- Defensas de fútbol
- Xogadores do CA Boca Juniors
- Xogadores do Godoy Cruz
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores do Udinese Calcio
- Xogadores do CA Newell's Old Boys
- Xogadores do Racing Club de Avellaneda
- Xogadores do Panathinaikos FC
- Xogadores do AEK Atenas FC
- Xogadores do CA Aldosivi
- Xogadores do CA Vélez Sarsfield
- Xogadores do CA Banfield