Elxokas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaElxokas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de abril de 1991 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEl Xocas Editar o valor em Wikidata
ResidenciaLugo
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónCreador de contido, streamer en Twitch e YouTube
Período de actividade2018-actualidade
EmpregadorReal Madrid Baloncesto B (pt) Traducir (–2019) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: elxokas Instagram: elxokas Youtube: UC9c4rND1mNP-XrWQjbFxp8g Twitch: elxokas Editar o valor em Wikidata


Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría. Durante a súa traxectoria xuntouse con outros personaxes famosos e influenciadores actuais como Ibai Llanos.

En 2021 presentou EL XOKAST, un podcast onde trata de persoas e grupos de música urbana, entre os cales Natos y Waor, Prok e SFDK. Elxokas confirmou que nun futuro realizaría máis entrevistas da mesma temática, asegurando que o proxecto seguía activo.

Actualmente ten 1,63 millóns de subscritores na canle principal de YouTube e está situado como streamer número 58 do mundo e como número 12 con máis subscritores de Twitch no ámbito hispanofalante con arredor de 3 millóns, por enrriba de celebridades como Auronplay e Ibai Llanos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Elxokas naceu en Lugo, fillo de pai da Coruña e nai de Abadín, que levan un salón de peiteado no centro de Lugo. Cando neno cursou os estudos básicos no Colexio Rosalía de Castro en Lugo e a secundaria no Colexio Fingoi. Para cursar a súa carreira universitaria de Publicidade e Mercadotecnia trasladouse a Salamanca, e a Madrid para un máster de posprodución audiovisual.

O ano 2016 comezou como posprodutor e editor para o Real Madrid Club de Fútbol, que combinaba como creador de contido en YouTube subindo partidas de League of Legends.

O 8 de xaneiro de 2018 comezou en Twitch especializándose na primeira versión de Word of Warcraft de 2004, converténdose no maior streamer de España neste xogo e un dos máis destacados de Europa, cun termo medio de 2500 espectadores por retransmisión en directo.

O 27 de agosto de 2019 renunciou como posprodutor e comezou unha fase de streamer con dedicación a tempo completo para tódalas súas redes sociais e plataformas.

Ó longo da súa carreira de streamer, os seguidores de Elxokas creceron en tódalas súas plataformas, o que levou a que outros creadores de contido como Elrubius o invitasen a eventos nacionais como o do 9 de xaneiro de 2021, un dos maiores acontecementos creados na comunidade de streamers e youtubers, onde Elxokas tivo a oportunidade de aproveitar a súa capacidade comunicativa e converterse nun dos creadores de contido máis relevantes de Twitch.

Durante a súa colaboración no videoxogo Rust se produciron moitos vídeos nos que trataba temas de actualidade e daba a súa opinión (ás veces polémica) respecto a eles, especialmente "Isto non é un xogo", "Impostos en España" e "Fuga de celebridades a Andorra".

Despois desta aparición en Rust, o seu impacto e a viralización dos seus vídeos tiveron tanta repercusión que o invitaron a participar en La Resistencia de Movistar Plus ou en podcasts como The Wild Project de Jordi Wild ou Charlando tranquilamente de Ibai Llanos.

Durante o ano 2021 foi nomeado e gañador do premio ESLAND na categoría de "streamer revelación do ano".

A comezos do 2022 consegiu o máximo na plataforma Twitch por conseguir 1.2 millóns de espectadores simultáneos mentres participaba no evento Squid Games para o videoxogo Minecraft, inspirado na serie de Netflix, chegando a ser a terceira transmisión máis vista ata daquela, só por baixo de Ibai Llanos con 3.35 millóns (durante a "Velada del año") e TheGrefg con 2.47 millóns.

Controversias[editar | editar a fonte]

Ó longo da súa carreira, e especialmente en 2021, Elxokas atopouse con varias polémicas xeradas a partir de comentarios fóra de contexto e erros que el mesmo recoñeceu cometer. Unha das polémicas máis importantes foi en relación coas súas contas monicreque, xa que se descubriu que usaba contas en Twitter para defenderse, insultar os seus detractores e desprestixiar outros creadores.

Outra polémica tivo lugar cando retransmitiu un directo onde lía os comentarios que os seus espectadores deixaban na leria sobre o consumo de alcohol e drogas ó saír de festa. Un dos seus seguidores recoñecía que lle gustaba ir ás discotecas sen beber nada para "amizarse coas camareiras", o cal lle lembraba o xeito de ligar dun dos seus amigos. Estas palabras xeraron comentarios e críticas cara a Elxokas nas redes sociais. Houbo quen resaltou a pouca ética deste xeito de actuar e quen defendía que estes discursos fomentaban a "cultura da violación". Nunha entrevista con Rocío Vidal (coñecida como La gata de Schrödinger) respondeu as críticas comentando que as súas palabras se malinterpretaran e sacaran de contexto. Aclarou que el tiña a pretensión de falar sobre os problemas e as vantaxes de beber ó saír pola noite e non dun trato abusivo ás mulleres, mentres defendía o seu amigo.