Cultura da violación
| Cultura da violación | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||

A cultura da violación é un concepto sociolóxico usado para describir unha cultura, unha sociedade e unha época determinadas nas que a violación é omnipresente e normalizada debido a actitudes sociais sobre xénero e sexualidade.[1][2] Esta expresión emprégase de xeito xeneralizado dende o ano 2012 para designar a calquera cultura que permite desacreditar, responsabilizar ou culpar as persoas agredidas, que representan o corpo feminino como dispoñible ("violable", mentres que o dun home non o é) e a glamurización e banalización da violencia. Esta cultura é perpetuada e normalizada a través da linguaxe misóxina. Países enteiros de Europa e América do Norte foron acusados de seren culturas de violación.[3][4][5][6][7][8]
Esta cultura provoca que, malia desfrutar dunhas leis escritas supostamente igualitarias, na práctica se promova o machismo e a violencia contra as mulleres. Está tan enraizada na sociedade que se fai invisible e é lexítima. Así, a violación e as agresións contra as mulleres en xeral permítense, conséntense e normalízanse socialmente e mesmo no eido xudicial. Outro trazo distintivo desta cultura é o non recoñecemento de que o violador pode ser calquera persoa, que de feito adoitan ser pais de familia e coñecidos das súas vítimas e veciños, e non que se tratan de casos illados perpetrados por tolos.
A cultura da violación implica todo un sistema e todas aquelas persoas que normalizan o delito. Tamén o é todo o sistema xudicial patriarcal que nega o valor da palabra da muller, a cuestiona ou alude a ela dende a culpabilidade. Así, permite converter en culpable a muller que padeceu o abuso e en troques confraterniza cos violadores: cuestiona a muller antes, durante e despois da agresión coa única finalidade de xustificar o violador.[9]
Orixes do termo
[editar | editar a fonte]A expresión "cultura da violación" (en inglés: rape culture) foi empregada por vez primeira durante a década de 1970 polas feministas da segunda vaga dos Estados Unidos de América para referirse ao conxunto da cultura contemporánea do seu país.[10] Nesa época, o movemento feminista comezou a concienciar ao público sobre a frecuencia das violacións. Anteriormente, segundo a psicóloga canadense Alexandra Rutherford, a meirande parte da poboación estadounidense supoñía que as violacións, o incesto e a violencia de xénero eran fenómenos infrecuentes.[11] O concepto de cultura da violación postulaba que a violación era común e normal, unha manifestación extrema da misoxinia e o sexismo que dominaban a sociedade. A violación redefiniuse como un crime violento máis que como un crime sexual, e o seu motivo xa non era o desexo de pracer sexual dos violadores, senón a dominación masculina, a intimidación e o control sobre as mulleres.[12][13][14] Así mesmo, comezou a analizarse dende a perspectiva das vítimas, e non dos perpetradores.[13]
O termo apareceu publicado por primeira vez no libro Rape: The First Sourcebook for Women, editado por Noreen Connell e Cassandra Wilson en 1974 como parte dun proxecto do grupo New York Radical Feminists (NYRF).[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Olfman, Sharna (2009). The Sexualization of Childhood. ABC-CLIO. p. 9.
- ↑ Flintoft, Rebecca (outubro de 2001). John Nicoletti; Sally Spencer-Thomas; Christopher M. Bollinger, eds. Violence Goes to College: The Authoritative Guide to Prevention and Intervention. Charles C Thomas. p. 134. ISBN 978-0398071912.
- ↑ Olfman, Sharna (2009). The Sexualization of Childhood. ABC-CLIO.
- ↑ Flintoft, Rebecca (outubro de 2001). John Nicoletti, Sally Spencer-Thomas, Christopher M. Bollinger, ed. Violence Goes to College: The Authoritative Guide to Prevention and Intervention. Charles C Thomas. p. 134. ISBN 978-0398071912.
- ↑ Núria Marrón, Paraules que 'hackegen' la cultura de la violació, El Periódico, 14 de outubro de 2017 (en catalán)
- ↑ Patricia Rozee, Resisting a Rape Culture, Rape Resistance, 2012 (en inglés)
- ↑ Micah Steffes, The American Rape Culture, High Plains Reader, febrer de 2012. (en inglés)
- ↑ Bel Olid, Feminisme de butxaca, Angle, 2017 (en catalán)
- ↑ Isabel Muntané, La normalització de la cultura de la violació, diari Ara, 18 de novembro de 2017. (en catalán)
- ↑ Smith 2004, p. 174.
- ↑ Rutherford 2011.
- ↑ Brownmiller 1975.
- 1 2 Maschke 1997.
- ↑ Chasteen 2001.
- ↑ Connell & Wilson 1974, p. 105.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brownmiller, Susan (1975). Against Our Will: Men, Women and Rape (en inglés). Ballantine. ISBN 978-0449908204.
- Emilie Buchwald; Pamela R. Fletcher; Martha Roth, eds. (1993). Transforming a Rape Culture. ISBN 1-57131-204-8.
- M. R. Burt; R. S. Albin (1981). "Rape Myths, Rape Definitions, and Probability of Conviction". Journal of Applied Social Psychology 11: 212–230. doi:10.1111/j.1559-1816.1981.tb00739.x.
- Chasteen, Amy L. (2001). "Constructing rape: Feminism, change, and women's everyday understandings of sexual assault". Sociological Spectrum (en inglés) 21 (2): 101–39. doi:10.1080/02732170121403.
- Connell, Noreen; Wilson, Cassandra (1974). Rape: The First Sourcebook for Women (en inglés). New American Library. ISBN 9780452250864.
- Maschke, Karen J. (1997). The Legal Response to Violence against Women (en inglés). Garland Pub. ISBN 9780815325192.
- Rutherford, Alexandra (2011). "Sexual Violence Against Women: Putting Rape Research in Context". Psychology of Women Quaterly (en inglés) 35 (2): 342–7. doi:10.1177/0361684311404307.
- Smith, Merril D. (2004). Encyclopedia of Rape (en inglés). Greenwood Press. ISBN 978-0-313-32687-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. |