Ellen R. Feingold

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEllen R. Feingold
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1983
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
EducaciónUniversidade de Oxford.
Universidade de Wisconsin.
Actividade
OcupaciónResponsable da Colección Numismática Nacional dos EEUU.


Ellen R. Feingold nada o 8 de marzo de 1983, é unha historiadora e numismática estadounidense, responsable da Colección Numismática Nacional dos EEUU.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Feingold cursou os seus estudos superiores de Historia na Universidade de Wisconsin, onde se graduou en 2005. Posteriormente acadou o seu mestrado en Economía e Historia Social (2008) e o seu doutoramento en Historia (2012) na Universidade de Oxford,[1] este último cunha tese acerca do proceso de descolonización do Tribunal Superior de Tanzania.[2]

Durante a súa etapa en Inglaterra, logo do seu doutoramento, foi conservadora do proxecto "Diñeiro en África" no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.[2][3] En 2014 foi nomeada conservadora da Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos, adscrita ao Museo Nacional de Historia do Instituto Smithsoniano.[1][2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • (2015). The Value of Money. Smithsonian Institution Scholarly Press. ISBN 978-1935623809
  • (2018). Colonial Justice and Decolonization in the High Court of Tanzania, 1920-1971. Palgrave Macmillan. ISBN 978-3319888231

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Smith, P. (2012).
  2. 2,0 2,1 2,2 "Ellen Feingold. Curator of the National Numismatic Collection Arquivado 12 de setembro de 2023 en Wayback Machine.". National Museum of American History (americanhistory.si.edu).
  3. "Ellen R Feingold". The British Museum.
  4. "ANA Honors Distinguished Numismatist with Awards". En Coins Weekly. 26 de agosto de 2021.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]