África, quen vive nun piso compartido, non atopa traballo estábel. Descobre que está embarazada, mais non sabe de quen. A serie explora o que realmente pasou e como África tenta resolver o problema.[2]
Joan Burdeus, no diario dixital Núvol, definiu Drama como "unha colaxe de todos os dramas millenials que se levan vendo dende hai 15 anos na televisión anglosaxoa, mais recombinados e estreados na Barcelona da actualidade" e comparouna especialmente con Girls. Engadiu que "é unha serie fantástica porque quen a escribiron fixeron o que lles prestou". [6]
Mònica Planas tamén eloxiou a serie no xornal Ara: “os conflitos están ben trazados, os diálogos semellan espontáneos, fuxiron de estereotipos, é moderna, non ten pretensións moralistas, conecta ben coa xeración millennial, que é para quen está pensada a serie, e logra crear relacións especiais entre os personaxes". [7]
Porén, a abundancia de diálogos en castelán non tivo boa acollida por unha parte da audiencia durante a súa emisión en TV3. De feito, criticouse que a televisión pública de Cataluña cometese unha neglixencia dese tipo, ao tratarse dunha ferramenta de normalización do catalán.[8] Dende a sociolingüística alertouse do perigo que supón para a saúde do catalán a decisión de TV3 de emitir unha serie bilingüe.[9]