Elijah Millsap

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elijah Millsap
Información persoal
Nacemento 12 de agosto de 1987 (36 anos)
Grambling, Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Posición Ala
Información da carreira
Instituto Grambling (Grambling, Luisiana)
Universidade Louisiana (2006–2008)
UAB (2009—2010)
NBA Draft 2010 / Elección: Sen draftear
Internacional Estados Unidos de América Estados Unidos
Carreira 2010−presente
Historial de equipos
Tulsa 66ers (2010−2011) G League
Los Angeles D-Fenders (2011—2013) G League
San Miguel Beermen (2013) PBA
Maccabi Ashdod (2014) ha'Al
Los Angeles D-Fenders (2014) G League
Bakersfield Jam (2014–2015) G League
Utah Jazz (2015—2016) NBA
Maccabi Tel Aviv (2016) ha'Al
San Miguel Beermen (2016) PBA
Northern Arizona Suns (2016—2017) G League
Phoenix Suns (2017) NBA
Iowa Wolves (2017−2018) G League
Cafés Candelas Breogán (2018—2019) ACB

Elijah Millsap, nado o 12 de agosto de 1987 en Grambling (Luisiana) é un xogador profesional internacional de baloncesto estadounidense. Xoga na posición ala. Formado como xogador nas Universidades de Louisiana e UAB, destacan entre o seu nomeamento no Segundo Quinteto ideal da NBA G League e a súa participación no All-Star desta competición, ambos en 2012. Xogou tres temporadas na National Basketball Association (NBA) para Utah Jazz e Phoenix Suns. O seu irmán máis vello é o All-Star da NBA Paul Millsap. É internacional coa selección dos Estados Unidos. Actualmente non ten equipo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Grambling, Luisiana, após formarse no Instituto de Grambling, onde fixo unha media de 29,8 puntos e 14,5 rebotes por partido, xogou durante dúas tempadas nos Ragin' Cajun da Universidade Louisiana-Lafayette. Nestes dous anos a súa media foi de 10,7 puntos, 6,2 rebotes e 1,2 asistencias por encontro, sendo elixido novato do ano da Sun Belt Conference en 2007. Posteriormente, foi transferido aos Blazers da Universidade de Alabama en Birmingham, cos que disputou unha única tempada, na que fixo 16,5 puntos, 9,5 rebotes e 1,8 asistencias por encontro, sendo incluído no mellor quinteto da Conference USA, sendo o máximo reboteador da mesma.

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2010, fichou polos Tulsa 66ers da NBA D-League, onde completou a temporada facendo unha media de 15,2 puntos e 5,3 rebotes, sendo o máximo anotador do equipo. Ao ano seguinte foi traspasado a Los Angeles D-Fenders a cambio dunha segunda rolda do draft de 2012. Alí xogou unha tempada na que fixo 19,4 puntos e 6,3 rebotes por partido, sendo un dos xogadores máis destacados do equipo nunha tempada na que chegaron a disputar as finais ante os Austin Toros. Foi incluído no segundo mellor quinteto da liga e elixido para disputar o All-Star desa tempada. En setembro de 2012 fichou polos Shanghai Sharks da liga chinesa, mais dous meses despois foi substituído por Gilbert Areas. Regresou entón aos D-Fenders, onde completou outra tempada na que fixo unha media de 17,4 puntos e 6,1 rebotes por partido.

En xuño de 2013 fichou polos Petron Blaze Boosters da liga filipina para disputar a Governor's Cup, e en xaneiro de 2014 asinou co Maccabi Ashdod B.C. da liga israelí. En xullo do seguinte ano uniuse aos Philadelphia 76ers para disputar a NBA Summer League, mentres que no mes de setembro fichou polos Milwaukee Bucks. Porén, foi despedido antes do comezo da tempada. Regresou aos D-Fenders, mais tras xogar un único partido, foi traspasado aos Bakersfield Jam. O 5 de xaneiro de 2015 fichou por dez días cos Utah Jazz, debutando ao día seguinte ante Indiana Pacers. En 18 minutos de xogo, conseguiu 2 puntos, 5 rebotes e 4 asistencias. En Utah permanece durante dúas temporadas, asinando tras acabar no equipo de Salt Lake City co Maccabi Tel Aviv. Posteriormente regresa á NBA para xogar nos Phoenix Suns e na G-League nos Iowa Wolves. Tras non conseguir contrato na NBA para a temporada 2018−19, asinou o 18 de decembro de 2018 polo Club Baloncesto Breogán da Liga ACB.[1] O 19 de marzo de 2019 o Breogán rescinde o seu contrato.

Equipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]