Saltar ao contido

Eleccións presidenciais de Polonia de 2010

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións presidenciais de Polonia de 2010
 ← 2005 (en) Traducir Editar o valor en WikidataPolonia Editar o valor en Wikidata 2015 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  → 
Data20 de xuño de 2010
4 de xullo de 2010 Editar o valor en Wikidata
TipoPolish presidential election (en) Traducir e snap election due to vacancy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cargo elixidoPresidente de Polonia. Duración do mandato: 5 Editar o valor en Wikidata
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
Bronisław Komorowski  — Plataforma CívicaElixido/a
0
 

As eleccións presidenciais de Polonia 2010 determinaron quen ía exercer a presidencia polaca de 2010 a 2015. A primeira rolda ocorreu o 20 de xuño, mais, como ningún candidato tivo maioría absoluta de votos, realizouse unha segunda volta o 4 de xullo, sendo finalmente elixido Bronislaw Komorowski. No momento das eleccións, Komorowski xa exercía o cargo de Presidente interino de Polonia, substituíndo a Lech Kaczyński, morto en abril de 2010, nun accidente aéreo cerca da base aérea de Smolensk. O irmán de Lech Kaczyński, Jarosław Kaczyński, foi o outro candidato que acompañou a Komorowski na segunda volta.

As eleccións adiantáronse cerca de tres meses debido á morte do Presidente Lech Kaczynski, que ademais aspiraba concorrer á reelección. O senador Jerzy Szmajdzinski, pre-candidato presidencial para a Alianza da Esquerda Democrática, tamén morreu no accidente aéreo.

Despois de falecer o Presidente o 10 de abril de 2010, a Constitución determinaba que o voceiro do Sejm, Bronislaw Komorowski, anunciara nun prazo de dúas semanas a convocatoria de eleccións no prazo de 60 días.

22 candidatos presentáronse ante a Comisión Nacional Electoral co requisito de mil sinaturas de apoio,[1] pero despois a maioría dos candidatos foron marxinados das eleccións por non cumprir o requisito final para recoller cen mil sinaturas antes do 26 de maio.[2]

Resultados

[editar | editar a fonte]

Primeira volta

[editar | editar a fonte]
Partido/AlianzaCandidatoPrimeira volta: 20 de xulo de 2010
VotosPorcentaxe
Plataforma CívicaBronisław Komorowski6 981 31941'54 %
Lei e XustizaJarosław Kaczyński6 128 25536'46 %
Alianza da Esquerda DemocráticaGrzegorz Napieralski2 299 87013'68 %
Wolność i PraworządnośćJanusz Korwin-Mikke416.8982'48 %
Partido Popular PolacoWaldemar Pawlak294.2731'75
IndependenteAndrzej Olechowski242.4391'44 %
Autodefensa da República de PoloniaAndrzej Lepper214.6571'28 %
Dereita da RepúblicaMarek Jurek177.3151'06 %
Partido Polaco do TraballoBogusław Ziętek29.5480'18 %
Loitando por SolidariedadeKornel Morawiecki21.5960'13 %
  Total votos válidos16 806 170100 %
Fonte: Comisión Electoral Nacional de Polonia.[3]
Resultados da primeira volta por Voivodías
Resultados da primeira volta por Powiats

Segunda volta

[editar | editar a fonte]
Partido/AlianzaCandidato Segunda volta: 4 de xullo de 2010
VotosPorcentaxe
Plataforma CívicaBronisław Komorowski8 933 88753'01 %
Lei e XustizaJarosław Kaczyński7 919 13446'99 %
  Total votos válidos16 853 021100 %
Resultados da segunda volta por Voivodías
Resultados da segunda volta por Powiats
  1. ↑ "Polish politicians warn election campaign could turn 'nasty'". RIA Novosti (en inglés). 27 de abril de 2010. Consultado o 27 de marzo de 2011.
  2. ↑ "10 presidential hopefuls make the cut". Polskie Radio (en inglés). 7 de maio de 2010. Consultado o 27 de marzo de 2011.
  3. ↑ Comisión Electoral Nacional de Polonia (20 de xuño de 2010). "OBWIESZCZENIE PAŃSTWOWEJ KOMISJI WYBORCZEJ" (PDF) (en polaco). Consultado o 27 de marzo de 2011.[Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]