O accidente suscitouse a 1,5km do aeroporto debido ás condicións de néboa que había na zona.[6] O gobernador do óblast de Smolensk, Sergei Antufiev, confirmou para a canle de noticias Russia 24, que non había sobreviventes no accidente. Informou que o avión golpeara coas copas dos árbores, golpeou o chan e caeu roto en pedazos. A bordo tamén se atopaba o gobernador do Banco Nacional de Polonia, Sławomir Skrzypek, o xefe do exército polaco Franciszek Gągor e o Viceministro de Relacións Exteriores Andrzej Kremer[7].
Logo do accidente abrironse diversas investigacións tanto por parte das autoridades rusas como polacas para esclarecer as causas do accidente. O informe do Comité de Investigación presidido por Jerzy Miller, Ministro do Interior e da Administración presentouse o 29 de xullo de 2011.[10]Dentro das causas que levaron ao fatal accidente o informe sinalaba as adversas condicións climatolóxicas e os erros cometidos tanto polo controlador aéreo ruso como pola tripulación do avión.[11]
En 2012 realizaronse algunhas exhumacións a instancia das familias, nas que se constataron deficiencias na investigación, concretamente na xestión dos restos mortais.[12]
En 2015 reabriuse unha nova investigación que implicou a exhumación dos restos mortais daquelas vítimas que non foran cremados. En novembro de 2016 comezaron as labores de exhumación dos restos de 83 vítimas. Esta decisión foi moi polémica debido á oposición das familias de 17 vítimas e parte da sociedade polaca.[13]. Dúas viúvas conseguiron que Polonia fora condenada polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos por vulnerar os dereitos das familias das vítimas[14][15]
Un estudo de 2017 sinalaba a distintas incongruencias na investigación levado a cabo en 2010 e, en base as probas dispoñibles naquel momento, recomendaba un novo estudo máis exhaustivo.[16]
Como resultado da apertura da nova investigación iniciada en 2015, declararonse nulas as conclusións da investigación aberta en 2010. Concluíuse que o avión se incendiara no ar debido a unha primeira explosión na á esquerda do Tupolev 154, seguida dunha segunda explosión no casco do aparato.[2][17][18]
↑"St Andrew Bobola RC Church". St Andrew Bobola RC Church(en polaco). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 10 de abril de 2010.