Bronisław Komorowski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bronisław Komorowski
Bronisław Komorowski
Bronisław Komorowski


Presidente de Polonia (en funcións)
Actualmente no cargo
Dende o 10 de abril de 2010
Precedido por Lech Kaczynski

Datos persoais
Nacemento 4 de xuño de 1952 (71 anos) Polonia Polonia, Oborniki Śląskie
Profesión historiador, político
Alma máter Universidade de Varsovia

Na rede
http://bronislawkomorowski.org/
WikiTree: Komorowski-25

Bronisław Maria Komorowski, nado en Oborniki Śląskie o 4 de xuño de 1952[1], é un político polaco, e Presidente en funcións de Polonia[2] tras o falecemento de Lech Kaczynski o 10 de abril de 2010 nun accidente de aviación, segundo o disposto na constitución de Polonia na súa calidade de Presidente do Parlamento no momento do falecemento do titular no cargo.[3] Sería escollido en eleccións presidenciais o 20 de xuño, con segunda volta o 4 de xullo do mesmo ano. Formalmente é presidente de Polonia desde o 6 de agosto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militou na Unión Democrática (Unia Demokratyczna), Alianza da Liberdade (Unia Wolnośći), Partido Conservador-Popular(Stronnictwo Konserwatywno-Ludowe). Actualmente é un dos líderes da Plataforma Cívica, de centro dereita liberal e europeísta.

Procedente dunha familia nobre polaca, durante a época comunista foi membro do Scout, onde xa se destacou pola súa oposición ao réxime. Traballou como xornalista e editor, dende cuxa posición publicou textos críticos co comunismo, o que lle supuxo sufrir prisión durante gran parte dos anos 80. Nesta época, xa estaba unido ao movemento Solidariedade liderado por Lech Walesa.

Tras a caída do réxime do xeneral Wojciech Jaruzelski (1989) e coa chegada da democracia foi deputado e posteriormente Ministro de Defensa (2000-2001), no goberno liderado por Jerzy Buzek. Tras as últimas eleccións lexislativas (2007) e o triunfo de Plataforma Cívica, foi nomeado presidente o Parlamento polaco.

O 10 de abril de 2010, a consecuencia do falecemento do Presidente Lech Kaczynski nun accidente de aviación en Smolensk (Rusia), asumiu o cargo de Presidente de Polonia en funcións, na súa calidade de presidente do lexislativo, de acordo coas disposicións constitucionais, coa obrigación de exercer o cargo de maneira interna até a convocatoria de novas eleccións presidenciais no prazo máximo de 2 meses.

Predecesor:
Lech Kaczyński
Presidente de Polonia

10 de abril8 de xullo de 2010
Sucesor:
Bogdan Borusewicz
Predecesor:
Grzegorz Schetyna
Presidente de Polonia

6 de agosto de 2010 - Actualidade
Sucesor:
No cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biuletyn Informacji Publicznej Instytutu Pamięci Narodowej". katalog.bip.ipn.gov.pl. Consultado o 2019-05-12. 
  2. "Bronislaw Komorowski, un ambicioso presidente en funcións". El Mundo. 10-4-2010. Consultado o 11-4-2010. 
  3. "Polonia convoca elecciones presidenciales tras la muerte de Kaczynski". El País. 10-4-2010. Consultado o 11-4-2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]