Grzegorz Napieralski
Grzegorz Napieralski | |
![]() | |
Membro do Sejm
| |
---|---|
Actualmente no cargo | |
Dende o 24 de xuño de 2004 | |
5º Portavoz da Alianza da Esquerda Democrática
| |
Actualmente no cargo | |
Dende o 31 de maio de 2008 | |
Precedido por | Wojciech Olejniczak |
Datos persoais
| |
Nacemento | 18 de marzo de 1974 (49 anos) Szczecin, Polonia |
Partido | Alianza da Esquerda Democrática |
Cónxuxe/s | Małgorzata Napieralska |
Profesión | Político |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Grzegorz Napieralski |
Grzegorz Bernard Napieralski, nado en Szczecin o 18 de marzo de 1974, é un político polaco actual portavoz do partido "Alianza da Esquerda Democrática". Foi candidato por dito partido ás eleccións presidenciais do seu país de 2010, quedando de terceiro.
Educación e carreira política[editar | editar a fonte]
Despois de graduarse na Escola de Mecánica de Szczecin, estudou Ciencias Políticas na Universidade de Szczecin, obtendo o seu máster no ano 2000. Desde 1995 até 1999 foi secretario da agrupación local de Szczecin do partido Socialdemocracia da República de Polonia, que máis tarde deu lugar á Alianza da Esquerda Democrática. En 2004, 2005 e 2007 foi elixido para ocupar un cargo no Sejm. No 2004 converteuse en vice-presidente da Alianza de Esquerda Democrática, e un ano máis tarde no seu secretario xeral. O 31 de maio de 2008 foi elixido presidente do partido, contra Wojciech Olejniczak. Desde o 2009 é tamén o presidente da fracción parlamentaria Lewica.
O 22 de abril de 2010, a Alianza escolleuno para substituír a Jerzy Szmajdziński, quen falecera nun accidente de avión, como candidato das próximas eleccións presidenciais. Napieralski recibiu o 13,68% dos votos e non tomou parte na segunda volta das eleccións, xa que quedou de terceiro.