Jarosław Kaczyński

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jarosław Kaczyński
Jarosław Kaczyński Sejm 2016a.JPG
Nome completoJarosław Aleksander Kaczyński
Alcume/outrosStanisław Staszek
Nacemento18 de xuño de 1949
LugarVarsovia
NacionalidadePolonia
RelixiónIgrexa católica
Educado enFacultade de Dereito e Administración da Universidade de Varsovia, Copernicus Bilingual High School in Warsaw e XLI Liceum Ogólnokształcące im. Joachima Lelewela w Warszawie
PaiRajmund Kaczyński
NaiJadwiga Kaczyńska
Profesiónpolítico, actor, xurista e sindicalista
Na rede
IMDB: nm1007331 Twitter: Kaczynski_Jarek Discogs: 2484461 Editar o valor em Wikidata
Jarosław Kaczyński Signature.svg
editar datos en Wikidata ]
Jarosław Kaczyński en setembro de 2013.

Jarosław Aleksander Kaczyński, nado o 18 de xuño de 1949 en Varsovia, é un actor e político polaco, que foi primeiro ministro de seu país, entre 2006 e 2007, e presidente do partido Lei e Xustiza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Súa vida estivo conetada sempre coa de seu irmán xemelgo Lech Kaczyński, así, a primeira vez que se deron a coñecer a nivel nacional foi cando protagonizaron a película de aventuras O dwóch takich, co ukradli księżyc (Sobre dous, que robaron a lúa) en 1962; anos despois convertéronse en destacados líderes da oposición ao comunismo desde o sindicato Solidarność de Lech Wałęsa; xa en democracia, fundaron o partido Lei e Xustiza, polo que Jarosław foi elixido parlamentario, e seu irmán, presidente (alcalde) de Varsovia.

En 2005, Lech foi elixido Presidente de Polonia, polo que Jaroslaw, quen semanas antes lograra a vitoria do seu partido nas eleccións parlamentarias, declinou o cargo de primeiro ministro, que lle correspondia. Uns meses despois, seu irmán chamouno a ocupar o cargo de Primeiro Ministro de Polonia, convertendo o seu país na primeira democracia occidental con dous irmáns ocupando as xefaturas do Estado e o goberno. En 2007, foi sucedido no cargo de primeiro ministro por Donald Tusk.

Trala tráxica morte de Lech, aínda presidente, o 10 de abril de 2010 nun accidente de aviación, Jaroslaw intentó catalizar o dolo nacional e presentouse como candidato á presidencia da República fronte a Bronisław Komorowski, que exercía como presidente en funcións. A pesar de que conseguiu pasar á segunda volta o 20 de xuño, perdeu na segunda volta, o 4 de xullo do mesmo ano. A súa consigna de campaña foi "Polonia é o máis importante"; meses despois a súa xefa de campaña Joanna Kluzik-Rostkowska abandonou o partido e adoptou esa consigna como nome para unha nova agrupación.