Vegetta777

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVegetta777

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de abril de 1989 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAndorra Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónyoutubeiro (2008–), celebridade , Minecraft YouTuber (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm14292897 Facebook: Vegetta777paginaoficial Twitter: vegetta777 Instagram: vegetta777 Youtube: UCam8T03EOFBsNdR0thrFHdQ Editar o valor em Wikidata

Samuel de Luque Batuecas, nado en Madrid[1] o 12 de abril de 1989, coñecido en Internet como Vegetta777 ou Samuel, é un youtubeiro e streamer español que sobe vídeos de gameplays principalmente, aínda que a súa canle conta con contido variado.[2][3]

En 2022 a súa canle de YouTube tiña máis de 33 millóns de subscritores e 15 mil millóns de visualizacións,[4] sendo o segundo youtubeiro con máis subscritores e o primeiro con máis visualizacións de España.[5][6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 12 de abril de 1989 en Madrid e mudouse a Alcorcón aos cinco anos.[7][8] Sendo moi cativo xa comezara a mostrar interese polos videoxogos, sendo unha consola Game Boy[9] a primeira que tivo. Este hobby entre outros motivos levaríao a subir vídeos a YouTube.[7] Estudou enfermaría[onde?] e graduouse como enfermeiro auxiliar.[10] No ano 2014, mudouse aos Ánxeles xunto a Willyrex,[11] cidade na que viviron ata que se mudaron a Andorra, estado no que reside dende 2016.[1][12]

Carreira[editar | editar a fonte]

A canle de Samuel creouse en marzo do 2008, mais non foi ata o 21 de febreiro de 2012 cando subiu o seu primeiro vídeo titulado: Uncharted 3: ¡presentación del canal!.[13][7] Foi subindo máis vídeos sobre distintos videoxogos mantendo variedade de contido, sendo Minecraft o videoxogo do que fixo máis contido.[14]

Ao chegar á meta de dez millóns de subscritores, en outubro do 2015, foi recompensado co botón de diamante de YouTube, converténdose no primeiro hispano en obter un.[15] Co paso do tempo realizou colaboracións con distintos creadores de contido, entre os cales están Willyrex, El Rubius, Arsilex, Lexosi, Herny, Fargan e outros streamers de fala hispana. Entre as series máis destacadas atópanse as de Grand Theft Auto Online, PUBG, Uncharted e Minecraft.[16]

Proxectos[editar | editar a fonte]

Participou e creou varios proxectos dentro da súa canle de YouTube, así como outros proxectos relacionados co seu contido e afeccións pero afastados do mundo desta plataforma.

  • Series de Minecraft: ao longo da súa carreira, Vegetta777 creou distintas series de Minecraft, cada unha cun enfoque diferente. Entre as series máis populares pódese destacar Planeta Vegetta, as diversas temporadas de Karmaland xunto a outros creadores, Apocalipsis Minecraft, Minecraft con Noobs e Piratas (tamén xunto con outros creadores de contido, como Alexby, HeRny, Arsilex, etc.)[17][18][19][20]
  • KarmaRun: xunto con Willyrex e sTaXx, Vegetta lanzou un videoxogo coa colaboración da desenvolvedora de videoxogos U-Play Online. Este é un videoxogo de tipo endless runner no que o xogador debe correr a través dun longo camiño mentres esquiva obstáculos e gaña moedas. Está dispoñible tanto na Google Play como na App Store.[21][22][23]
  • Libros Wigetta: xunto con Willyrex, Vegetta777 publicou unha serie de libros para cativos e mozos que narran as aventuras dos seus dous personaxes, Vegetta e Willy, os cales son acompañados polas súas mascotas Vakypandy e Trotuman. Nas súas aventuras atópanse con diversos personaxes e vense envoltos en distintas situacións que precisan unha solución.[24] O primeiro libro desta saga foi publicado no ano 2015, e até o 2022 publicáronse 18 libros.[25][26]
  • Mad Lions: en colaboración con Willyrex, Vegetta converteuse nun dos socios maioritarios de MAD Lions, un equipo de e-Sports español.[27]
  • Serie animada: Willyrex e Vegetta publicaron os capítulos de Wigetta, unha serie animada con deseño en 2D dentro da plataforma YouTube nunha canle co mesmo nome.[28] Dentro da serie móstranse as aventuras dos personaxes Willyrex e Vegetta, que se atopan en situacións nas que deben axudar a certos personaxes a cumprir os seus desexos, mentres cumpren eles mesmos os seus. O primeiro capítulo obtivo moitas visitas por parte da comunidade de Vegetta e de Willyrex, así como os capítulos seguintes.[29] Até o 2022, subíronse 10 capítulos da serie.[30]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Organización Tipo Galardón Razón
YouTube YouTube Creator Awards

Silver Creator Award

Outorgado aos creadores de contido que obteñen 100 000 subscritores na súa canle de YouTube.

Gold Creator Award

Outorgado aos creadores de contido que obteñen 1 000 000 de subscritores na súa canle de YouTube.

Diamond Creator Award

Outorgado aos creadores de contido que obteñen 10 000 000 de subscritores na súa canle de YouTube.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Vegetta777. ESTRELLA DE YOUTUBE". es.famousbirthdays.com (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2022. 
  2. "Todo sobre Vegetta777: foto, biografía, cumpleaños y últimas noticias". Movistar eSports. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  3. Franco Díaz (6 de xaneiro de 2022). "TOP 10: los streamers españoles más vistos durante el 2021". Esportmaniacos. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  4. "VEGETTA777 (About) - YouTube". Consultado o 29 de outubro de 2022. 
  5. "Top 100 YouTubers Channels in Spain (Subscribers) - Socialblade YouTube Stats - YouTube Statistics" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de abril de 2022. Consultado o 29 de outubro de 2022. 
  6. "Top 100 YouTubers Channels in Spain (Views) - Socialblade YouTube Stats - YouTube Statistics" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de abril de 2022. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Samuel García (20 de agosto de 2021). "Conociendo a Vegetta777 (curiosidades)". Dossier Interactivo. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  8. "Vegetta777 vivía en Alcorcón en 2012". Twitter. 12 de outubro de 2012. Consultado o 28 de xullo de 2022. yo vivo en alcorcon 
  9. "Vegetta777 Wiki > Biografía de este Influencer (2022)". 16 de xaneiro de 2022. 
  10. Vegetta777 (30-09-23). Vegetta habla sobre la dinero, estudios, felicidad... Karmaland 5 (YouTube). 
  11. "Willyrex y Vegetta se mudan a Los Ángeles a vivir juntos". Hablamos de Youtubers. 15 de maio de 2014. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  12. Joan Carol (18 de xaneiro de 2021). "De Willyrex a El Rubius: estos son los 'youtubers' que se han ido a Andorra". El Periódico. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  13. Álex Merino (21 de novembro de 2019). "Vegetta777: la primera vez en YouTube". Movistar eSports. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  14. "Vegetta777: historia, datos y curiosidades del youtuber español | FOTOS | nesp | Espectáculos". La República. 13 de abril de 2020. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  15. Mari Luz Peinado; Lucía González (23 de outubro de 2015). "El Rubius y Vegetta777, los primeros españoles 'diamante' en YouTube". El País. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  16. Xiana Siccardi (11 de outubro de 2016). "Estos son los 12 'gamers' que pueden encumbrar (o destruir) cualquier videojuego". La Vanguardia. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  17. Miguel Regueira (6 de xuño de 2020). "¿Qué es Karmaland?". El grupo informático. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  18. "Karmaland (serie) - Wiki YouTube Pedia - Fandom". Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  19. "Todo sobre apocalipsis minecraft - Guia Alfa". Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  20. Carlos J. González (17 de maio de 2021). "Todo sobre Piratas, la nueva serie de Vegetta, Willyrex y Rubuis". Flooxer Now. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  21. Sergio J. Ortiz (14 de xuño de 2015). "KarmaRun, un juego para iPad creado por 3 YouTubers". iPadízate. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  22. "KarmaRun - Apps en Google Play". Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  23. "KarmaRun en App Store". Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  24. "WIGETTA. UN VIAJE MÁGICO. WILLYREX; VEGETTA777 - Librería Sinopsis". Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  25. "WIGETTA: UN VIAJE MÁGICO - VEGETTA777 - Casa del Libro". Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  26. "Vegetta777 y Willyrex - PlanetadeLibros". Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  27. Mateo, José Ángel (2018-12-01). "Willyrex y Vegetta777 anuncian su llegada como socios mayoritarios a MAD Lions". Xataka eSports (en castelán). Consultado o 2023-01-16. 
  28. Daniel Arias (5 de novembro de 2020). "Wigetta estrenará serie animada y podrás verla gratis". Tierra gamer. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  29. Jesús Gómez (7 de decembro de 2020). "Wigetta: así fue el estreno de la serie de los YouTubers Willyrex y Vegetta777". Crónica Puebla. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  30. "Videos de Wigetta". Consultado o 19 de abril de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]