Charlie Hebdo
| Charlie Hebdo | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||
Charlie Hebdo (pronunciado en francés: ʃaʁli ɛbdo) é un semanario satírico francés de esquerdas. Foi fundado en 1992 e tomou o seu nome dunha publicación satírica anterior que existiu entre 1969 e 1981, primeiro como Hara-kiri, Hara-kiri hebdo e finalmente como Charlie Hebdo.
Trátase dun xornal cunha gran variedade de ilustracións que fai crónicas e publicacións de temas como as seitas, a extrema dereita, o catolicismo, o islamismo, o xudaísmo e a política. Segundo Stéphane Charbonnier, director da publicación, a redacción da revista recolle "tódalas seccións da esquerda plural e mesmo os abstencionistas"[1].
As publicacións do semanario foron motivo de xuízos, debates pola liberdade de expresión, acusacións de provocacións a colectivos relixosos e atentados, un deles con bombas molotov en 2011.[2] Porén, o máis grave foi o do 7 de xaneiro de 2015 na súa sede de París, no que dous encapuchados, membros de Al-Qaeda, asasinaron a doce persoas e feriron de gravidade a outras catro.
Historia
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]En 1960, Georges Bernier, coñecido como professeur Choron, e François Cavanna publicaron unha revista mensual chamada Hara-Kiri, «journal bête et méchant». Choron era o director da publicación e Cavanna, redactor xefe, o equipo estaba constituído por Topor, Fred, Reiser, Wolinski, Gébé, e Cabu. Prohibida a súa publicación dende 1961, reapareceu para ser novamente prohibida en 1966. Reapareceu de novo seis meses máis tarde. Desta vez, algúns colaboradores como Gébé, Cabu, Topor e Fred non retornaron ao equipo da revista. Pero engadíronse ao grupo outros como Delfeil de Ton, Fournier e Willem.
De 1969 a 1981
[editar | editar a fonte]En 1969, o equipo dirixido por Cavanna decidiu facer unha publicación semanal, continuando coa mensual. Volveron colaborar con ela Gébé e Cabú. En febreiro de 1969 sairía á rúa Hara-kiri-hebdo, renomeado en maio desde mesmo ano como L'hebdo Hara-kiri. En novembro de 1970, unha polémica portada sobre o falecemento do que fora xefe de estado Charles de Gaulle e a morte de 147 persoas nunha discoteca de Francia, fixo que a publicación fose prohibida polo ministro do Interior, Raymond Marcellin.
Ignorando a prohibición, o semanario pasu a chamarse Charlie Hebdo, nome que viña dunha revista de historietas, Charlie Mensuel, que ao mesmo tempo procedía de Charlie Brown, personaxe principal da serie Peanuts.
En decembro de 1981, a publicación foi suspendida pola falta de lectores fieis. Non tiña subencións de publicidade e o número de subscritores era moi reducido. Antes de desaparecer, crearon unha broma: un suposto diario co nome de Charlie Matin, que só se publicou tres días seguidos.
De 1992 ao presente
[editar | editar a fonte]O novo nacemento do semanario viu dado pola dimisión de Philippe Val e Cabu de La Grosse Bertha, despois de certas diferenzas co director da publicación, Jean-Cyrille Godefroy e o seu desexo de ter un semanario propio. Philippe Val, Gébé, Cabu e Renaud reunieron o diñeiro para financiar o número primeiro. Nacendo Charlie Hebdo en xullo de 1992.
A publicación foi considerada de extrema esquerda por varios medios de comunicación, entre eles a BBC.[3]
Atentado contra Charlie Hebdo
[editar | editar a fonte]Artigo principal: Atentado na sede de Charlie Hebdo
O 7 de xaneiro de 2015 sufriu un ataque na súa sede por tres individuos enmascarados e armados con fusís de asalto e outras armas, realizando ata 50 tiros, matando a 12 persoas e ferindo a 11 ao berro de Al·lahu-àkbar (Alá é o máis grande). Os atacantes identificáronse como membros de Al-Qaeda na Península arábiga, a rama de Al-Qaeda no Iemen, que asumiu a responsabilidade do atentado.[4]
A frase Je suis Charlie (Eu son Charlie) converteuse nun lema común nas manifestacións e medios sociais.
A edición posterior ao atentado (número 1178) vendeu sete millóns de copias en seis idiomas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Charlie Hebdo, c'est la gauche plurielle» sur lecourrier.ch du 9 avril 2010
- ↑ "«Charlie Hebdo», 22 ans de procès en tous genres". Le Monde (en francés). 8 de xaneiro de 2015.
- ↑ "¿Cómo es Charlie Hebdo, la revista satírica que sufrió un mortal ataque en Francia?". BBC (en castelán). 7 de xaneiro de 2015.
- ↑ Charlie Hebdo : une zone en Picardie passée au crible Le Figaro
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charlie Hebdo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- François Cavanna et Philippe Val présentent Les années Charlie 1969-2004. Éditions Hoëbeke, 2004. Recueil de unes et de dessins (en francés).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en francés)