José Toubes
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1881 Cuntis |
| Morte | 6 de xuño de 1960 A Coruña |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | sacerdote católico, xornalista |
| Membro de | |
José Toubes Pego, nado en Cuntis en 1881 e finado na Coruña o 6 de xuño de 1960, foi un sacerdote e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Chegou á Coruña en 1909 como coadxutor da parroquia de San Xurxo. Ao ano seguinte foi nomeado correspondente do diario católico El Debate e redactor de El Eco de Galicia. Foi un propagandista das ideas católicas, polo que en 1917 decidiu fundar El Ideal Gallego, que en 1931 tivo que transferir á Editorial Católica a causa das súas múltiples ocupacións parroquiais. En 1930 foi designado primeiro responsable de San Pedro de Mezonzo, a nova parroquia creada na cidade. O crecemento da poboación da parroquia animouno a propor a construción dun novo templo que se iniciou en 1953.

Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Cortés, Carlos (2009). José Toubes Pego y su época (1881-1960). Madrid: Xerión. ISBN 978-84-936595-1-6.