José Martínez Pereiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1888 Noia, España |
Morte | 12 de setembro de 1957 (68/69 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, mestre, avogado |
José Martínez Pereiro, nado en Noia en 1888 e finado na Coruña o 12 de setembro de 1957,[1] foi un avogado galego que exerceu de mestre, avogado e director do xornal El Ideal Gallego entre 1931 e 1936.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado nunha familia burguesa de Noia, estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Un dos seus irmáns, Manuel Martínez Pereiro, foi Inspector Xeral de Traballo e Secretario Nacional de Acción Católica.[2] O seu curmán de segundo grado,[3] Alejandro Rodríguez Cadarso, foi un destacado político noiés que chegou a ser reitor da Universidade de Santiago ata a súa morte en 1933.
Ademais de exercer de avogado, José Martínez Pereiro traballou como mestre de escola en Porto do Son e Ribadeo antes de instalarse definitivamente na cidade da Coruña. Alí traballou para a Deputación provincial e foi nomeado deputado provincial en 1929. Dende 1927 e durante a Segunda República española traballou como director do xornal El Ideal Gallego.[4] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado redactor xefe de La Voz de Galicia en agosto de 1937.[5] No franqusimo foi letrado asesor do Concello da Coruña.
Faleceu dun infarto en 1957.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 13-9-1957, p. 3.
- ↑ ABC
- ↑ http://dawsr.wordpress.com/2010/01/22/alejandro-rodriguez-cadarso/
- ↑ ABC
- ↑ El Compostelano, 23-8-1937, p. 2.