ElPozo Murcia Fútbol Sala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «ElPozo Murcia Turística»)
ElPozo Murcia Turística
NomeElPozo Murcia Fútbol Sala
Fundación1989
EstadioPalacio de Deportes de Murcia
Murcia, España España
Inauguración1994
Capacidade7.500
Presidenteespañol José Antonio Bolerín
Adestrador Duda
LigaDivisión de Honra (LNFS)
2009-101º e campión
VestimentaLuanvi
PatrocinadorElPozo
Na rede
http://www.elpozomurcia.com/
Titular
Alternativo

O ElPozo Murcia Fútbol Sala ou ElPozo Murcia Turística, por motivos de patrocinio, é un equipo español de fútbol sala da cidade de Murcia (Rexión de Murcia). Actualmente compite na División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala e é un dos equipos máis laureados do fútbol sala español.

Fundouse en 1989 co apoio da empresa murciana de alimentación ElPozo, que se mantén como principal patrocinador. Ese ano comprou os dereitos do Cruz Joyita na LNFS, equipo murciano que xa patrocinara en anteriores ocasións. Ao longo da súa historia, o ElPozo gañou cinco títulos de Liga e catro Copas de España, así como unha Recopa de Europa na tempada 2003-04.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundación e primeiros anos[editar | editar a fonte]

Antes da creación do ElPozo Murcia, a cidade de Murcia contaba cun equipo de fútbol sala nas competicións da Federación Española, coñecido como Cruz Joyita de Murcia. O grupo alimentario ElPozo patrocinara ese equipo na tempada 1986-87, mais coa creación da Liga Nacional de Fútbol Sala quería contar co seu propio club. Por iso, a empresa comproulle en 1989 ao Cruz Joyita a súa praza na máxima categoría e os seus dereitos federativos. Na tempada 1989-90, a primeira da nova liga, os murcianos conseguiron a permanencia.

Nos seus primeiros anos de vida, o ElPozo realizou un forte investimento en xogadores internacionais e mesmo presentou unha oferta por Diego Armando Maradona, que a estrela arxentina rexeitou.[1] Na tempada 1990-91 conseguiu clasificarse para a segunda fase no campionato de liga e en 1992 disputou a súa primeira final de Liga, que perdeu fronte ao Caja Toledo FS. O primeiro título que conseguiu foi a Copa de España na tempada 1994-95, en cuxa final se impuxo ao CLM Talavera, e un ano despois conseguiu a Supercopa.

A primeira liga[editar | editar a fonte]

A situación do ElPozo Murcia no campionato cambiou a partir da contratación en 1996 do brasileiro Paulo Roberto, internacional coa selección española. Ademais de Paulo Roberto, o equipo contratou xogadores como Pato, Cupim, Marcelo e o porteiro Ricardo, que converteron o conxunto murciano en candidato ao título. Aínda que o club xa fora campión da liga regular en 1994-95, os murcianos non gañaran o título de liga ata a data.

Na tempada 1997-98, o ElPozo Murcia proclamouse campión de liga por primeira vez na súa historia ao gañar en cinco partidos ao CLM Talavera. O cadro de xogadores do ElPozo foi tamén un dos piares da Selección de fútbol sala de España, que nesa época conseguiu os seus primeiros títulos internacionais.

Chegada de Duda como adestrador[editar | editar a fonte]

Logo de varias tempadas nas que o club non conseguiu ningún campionato, o ElPozo contratou como adestrador na tempada 2001-02 a Eduardo Sao Thiago Lentz "Duda", ex xogador do conxunto murciano nos anos 90. No seu primeiro ano baixo a dirección de Duda, o ElPozo foi finalista da Copa de España e semifinalista polo título da LNFS. Un ano despois, os murcianos gañaron a súa segunda Copa de España tras bater o Boomerang Interviú de Madrid, e chegaron ata a final da liga, que perderon precisamente fronte ao conxunto madrileño.

A vitoria de Copa en 2003 permitiu a ElPozo disputar a Recopa de Europa, competición na que conseguiu a vitoria e o seu primeiro título internacional. Tanto en 2004 como no 2005, o ElPozo chegou ata a final da Liga, mais en ámbalas dúas ocasións caeu fronte ao Interviú Fútbol Sala. Ao final da tempada 2004-05, Paulo Roberto anunciou a súa retirada do fútbol profesional e o club iniciou un cambio xeracional co xa exfutbolista como director deportivo. O club traspasou as súas estrelas Lenísio e Balo, e supliu as súas baixas coa contratación de Bacaro e Wilde, quen se converteu nun dos máximos goleadores do club.

Na tempada 2005-06, o club cambiou o seu nome por motivos de patrocinio, pasando a denominarse ElPozo Murcia Turística. Ese ano o equipo de Duda finalizou primeiro na liga regular e bateu na final o Polaris World Cartagena en cinco partidos. Deste xeito, os murcianos conseguiron a súa segunda liga oito tempadas despois. O ano seguinte, o ElPozo revalidou o título ao bater o Boomerang Interviú. Ese mesmo ano gañou a última Copa Ibérica disputada.

Para a tempada 2007-08, os murcianos optaban a cinco títulos entre competicións nacionais e internacionais. Porén, o ElPozo só puido gañar a Copa de España. Na liga, o ElPozo Murcia finalizou a liga regular en primeira posición, mais caeu na final fronte ao Interviú Fadesa. Ademais, o club sucumbiu na final da Copa da UEFA ante o Viz-Sinara ruso.

O ElPozo Murcia conseguiu dous títulos consecutivos de liga nas tempadas 2008-09 e 2009-10, ano no que conseguiron un triplete ao gañar tamén a Copa e a Supercpa de España. Daquela Paulo Roberto abandonou a dirección deportiva e foi substituído por Fran Serrejón, ex xogador do club e ata aquela segundo adestrador.

Cadro de xogadores da tempada 2010-11[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
1 Porteiro España Chico
4 Á España Álvaro
5 Á España Saúl
6 Á España Barroso
7 Peche España Jesús García
8 Pivote España Dani Salgado
9 Pivote Vinicius
Posto País Xogador
10 Á Mauricio
11 Á De Bail
13 Peche España Kike
15 Porteiro España Rafael
X Porteiro España Marimón
X Á Franklin Douglas

Filial[editar | editar a fonte]

Artigo principal: ElPozo Ciudad de Murcia.

O ElPozo Murcia conta cun equipo filial, o ElPozo Ciudad de Murcia, que xoga na División de Prata da Liga Nacional de Fútbol Sala. Fundouse en 1992 e é un dos poucos clubs filiais presentes na segunda categoría.

O cadro de xogadores do Ciudad de Murcia está formada na súa maior parte por canteiráns da Rexión de Murcia e promesas do fútbol sala español procedentes de todo o Estado. O equipo está adestrado por Juan Francisco Fuentes Zamora.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Estatal[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]