Eileen Collins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eileen Collins
Commander Eileen Collins - GPN-2000-001177.jpg
Datos persoais
Nacemento19 de novembro de 1956
LugarElmira
Actividade
MisiónsSTS-114, STS-93, STS-84 e STS-63
Tempo no espazo180,17 días
PremiosDistinguished Flying Cross (Estados Unidos), Lexión de Honra, Harmon Trophy, National Women’s Hall of Fame, Women in Aviation, International, Nacional Aviación Hall of Fame, United States Astronaut Hall of Fame e Women in Space Science Award
editar datos en Wikidata ]

Eileen Marie Collins, nada en Elmira (Nova York) o 19 de novembro de 1956, é unha astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-114, STS-93, STS-84 e STS-63. Pasou un total de 36,34 días no espazo. Foi a primeira muller piloto do transbordador espacial e a primeira muller comandante dunha nave dos Estados Unidos.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Collins é graduada en matemáticas e economía pola Universidade de Siracusa en 1978 e máster en investigación pola Universidade de Stanford en 1986, así como un máster en xestión de sistemas espaciais pola Universidade Webster en 1989.[1]

Foi seleccionada pola NASA en xaneiro de 1990, converténdose oficialmente en astronauta en xullo de 1991. Foi piloto nas misións STS-63 e STS-84 e comandou a STS-93 e a STS-114. Pasou un total de 36,34 días no espazo. Retirouse da NASA en maio de 2006.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Collins, Eileen Marie 'Mom'" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]