STS-114

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
STS-114
STS-114 Shuttle launch closeup.jpg
Lanzamento da misión STS-114
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento26 de xullo de 2005, 14:39GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39b[3][6]
Duración da misión13,90 días[6]
Obxectivo da misiónVolta ao servizo e probas do transbordador espacial tras o accidente da misión STS-107.[3][6]
Regreso9 de agosto de 2005[6]
NSSDC ID2005-026A

STS-114 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 26 de xullo de 2005 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-114, con sete astronautas a bordo, foi a primeira misión dun transbordador despois da perda do Columbia na misión STS-107 en 2003. Tras a catástrofe establecéronse novos procedementos e se fixeron cambios nos vehículos de lanzamento que foron postos a proba na misión STS-114. Entre os cambios estaban os arranxos na espuma que recubría o tanque principal para evitar a súa caída contra as alas do transbordador (causa principal da perda do Columbia) e a revisión obrigatorio das alas e o escudo térmico do transbordador por parte dos astronautas antes da reentrada atmosférica. Como obxectivo secundario, a misión servíu para reaprovisionar a Estación Espacial Internacional, que nos dous anos entre a destrucción do Columbia e o voo do Discovery tivo que aprovisionarse unicamente mediante os cargueiros Progress rusos.[3][5][6]

O transbordador volveu a terra sen incidentes na base Edwards da Forza Aérea en California o 9 de agosto de 2005.[3][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 114" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 20 September 2005 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (05-90019(E)). 16 de novembro de 2005: 6. Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 114" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-114 / RTF" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-114" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]