Saltar ao contido

STS-63

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-63
Lanzamento da misión STS-63.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento3 de febreiro de 1995, 5:22 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión8,27 días[6]
Obxectivo da misiónDespregue de varios obxectivos ODERACS para radar, observacións astronómicas coa plataforma SPARTAN-204, aproximación á estación espacial Mir.[3][6]
Regreso11 de febreiro de 1995[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1995-004A

STS-63 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 3 de febreiro de 1995 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-63, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer varios experimentos a bordo, realizar observacións astronómicas e practicar aproximacións á estación espacial Mir de cara a futuros acoplamentos entre transbordadores e a estación. A tripulación estaba formada polo comandante James D. Wetherbee, a piloto Eileen M. Collins e os especialistas de misión C. Michael Foale, Janice E. Voss, Bernard A. Harris e Vladimir G. Titov.[3][5][6][7]

A máxima aproximación entre o Discovery e a Mir foi de algo máis de 10 metros. A comunicación por radio entre o transbordador e a estación estableceuse moito antes, con Titov (que habitou a estación durante un ano) podéndose comunicar cos tres cosmonautas de a bordo, Alexander Viktorenko, Elena Kondakova e Valeri Poliakov. Na STS-63 voou a primeira muller piloto do transbordador e durante a misión tivo lugar o primeiro paseo espacial dun afroamericano. A bordo tamén ía o segundo astronauta ruso en viaxar nun transbordador estadounidense. A tripulación liberou o observatorio SPARTAN-204 para facer observacións no ultravioleta e posteriormente recuperalo e traballou no laboratorio Spacehab 3, situado na bodega de carga e con 20 experimentos a bordo. Tamén liberaron seis esferas do experimento ODERACS-II para axudar na calibración de radares terrestres e caracterizar o comportamento da lixo espacial de tamaño menor a dez centímetros.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 11 de febreiro de 1995.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 63" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 18 July 1995 from the Alternate Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-56290T). 25 de xullo de 1995: 10. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 63" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-63" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-63" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  7. 1 2 3 NASA (30 de decembro de 2011). "STS-63" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]