Edwin Hubble

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edwin Hubble
Edwin-hubble.jpg
Hubble
Datos persoais
Nacemento 20 de novembro de 1889
Lugar Marshfield, Misuri
Falecemento 28 de setembro de 1953 (63 anos)
Lugar San Marino, California
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Etnia
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo Astronomía
Alma mater Universidade de Chicago
Universidade de Oxford
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Lei de Hubble
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Edwin Powell Hubble, nado o 20 de novembro de 1889 en Marshfield, Misuri) e finado en San Marino, California o 28 de setembro de 1953 en California, foi un astrónomo estadounidense. Fillo de John Powell Hubble e Virginia Lee James. É coñecido por ser o astrónomo que acadou a primeira evidencia observacional da expansión do universo, a unha taxa ou velocidade coñecida coma constante de Hubble ou Lei de Hubble, que se indica co símbolo H0. Foi o primeiro astrónomo en acreditar que a galaxia de Andrómeda non era unha galaxia satélite da Vía Láctea, cando determinou a súa distancia calculando a luminosidade das estrelas Cefeidas localizadas en Andrómeda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Telescopio Hooker de 100 pulgadas (2.5 m) no Observatorio do Monte Wilson no que Hubble adoitaba a medir distancias entre galaxias e un valor para o ratio de expansión do universo.

Estudou Matemáticas e Astronomía nos Estados Unidos, e posteriormente español e Dereito durante tres anos na Universidade de Oxford, graduándose no ano 1912, volvendo aos Estados Unidos. Voltou á Universidade de Chicago no ano 1914 graduándose en Astronomía.

Practicou atletismo e boxeo, e foi adestrador de baloncesto.

En 1917 doutorouse en Física no Observatorio de Yerkes da Universidade de Chicago cunha tese sobre astrofotografía de nebulosas difusas.

Apuntouse voluntario na Infantería do Exército dos Estados Unidos e foi enviado a Francia durante a Primeira Guerra Mundial. Retornado aos Estados Unidos no ano 1919, aceptou o posto de investigador que lle ofrecera George Hale no Observatorio de Monte Wilson onde traballou ata 1953.

Durante a súa vida utilizou para as súas observacións os mellores telescopios: Hale, Hooker, etc. As observacións realizadas durante os anos 1923 e 1924 viron a luz o 30 de decembro dese ano. Confirmou as observacións de Immanuel Kant sobre a existencia do que chamou "universos illas". Hubble afirmou, sen ningún xénero de dúbida, que as nebulosas observadas ata o momento con telescopios menos potentes, non forman parte da nosa galaxia. Observando as estrelas Cefeidas puido confirmar a existencia de galaxias diferentes á Vía Láctea. Á súa vez, puido observar estrelas cefeidas individuais no brazo espiral de Andrómeda, anunciando a súa descuberta na Reunión da Sociedade Americana para o Avance da Ciencia o 1 de xaneiro de 1925, e pechando o debate comenzado no ano 1920 na Academia de Ciencias dos Estados Unidos entre Herber Doust Curtis e Harlow Shapley, entre os astrónomos que defendían que eran galaxias afastadas e independentes da Vía Lactea (universos illa) e os que defendían que as demais galaxias eran satélites da Vía Láctea (reducían o Universo á Vía Láctea).

En 1929 publicou a "lei de recesión das galaxias", tamén coñecida como Lei de Hubble, que permitía calcular tanto o tamaño como a idade do Universo, poñendo os alicerces que sostiñan as primeiras hipóteses da expansión do Universo, acreditando que os espectros das galaxias manifestan corremento ao vermello polo que están afastándose unhas doutras, a unha taxa de polo menos 526 km/s/MPc (quilómetros por segundo por megaparsec), segundo os seus cálculos, estimaba que o tempo de Hubble, o tempo en que todo estaría conectado tería acontecido uns 2000 millóns de anos atrás. Esta cantidade foi recalculada polo propio Hubble utilizando os mellores telescopios da época á uns 500 km/s/Mpc. O seu axudante Humanson continuou medindo os corrementos ao vermello de Galaxias afastadas e calculou que a H0 era un 20 % da velocidade da luz. Outras observación dos anos 30 determinaban que a idade do universo era polo menos o dobre, uns 4000 millóns de anos. A súa orixe explícase actualmente por medio da teoría do grande estoupido ou "Big Bang", os cálculos actuais sinalan que o universo atopábase concentrado nunha singularidade uns 13.800 millóns de anos atrás. Os cálculos de H0 actuais sinalan que é duns 71 km/s/Mpc (71 quilómetros por segundo por megaparsec), cun erro de ±4, segundo os datos recollidos da sonda WMAP, e actualizados pola sonda Planck.

Hubble foi o precursor da clasificación dos tipos de galaxias, que aínda perdura sen moitos cambios.

A divulgación dos seus descubrimentos quedou reflectida na súa obra Realm of the Nebulae (1936).

Participou no deseño dos maiores telescopios de Monte Palomar. Polas súas achegas ao campo da Astronomía e Cosmoloxía púxoselle o seu nome ao telescopio orbital Hubble lanzado ao espazo en 1990.

Morreu dunha trombose cerebral en San Marino, California, o 28 de setembro de 1953.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edwin Hubble Modificar a ligazón no Wikidata