Edward Drinker Cope
Nome orixinal | (en) Edward Drinker Соре |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de xullo de 1840 Filadelfia, Estados Unidos de América |
Morte | 12 de abril de 1897 (56 anos) Filadelfia, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte natural |
Relixión | Sociedade Relixiosa dos Amigos |
Actividade | |
Campo de traballo | Paleontoloxía |
Ocupación | xeólogo, anatomista, botánico, explorador, herpetólogo, ictiólogo, zoólogo, profesor universitario, paleontólogo, naturalista |
Empregador | Universidade de Pensilvania |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Henry Fairfield Osborn |
Abreviatura do autor en zooloxía | Cope |
Familia | |
Cónxuxe | Annie Pim Cope |
Fillos | Julia Cope Collins |
Pai | Alfred Cope |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Edward Drinker Cope, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 28 de xullo de 1840 e finado na mesma cidade o 12 de abril de 1897, foi un paleontólogo e anatomista comparativo estadounidense. Tamén foi un notábel herpetólogo e ictiólogo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu dentro dunha rica familia de cuáqueros. Xa cando mozo interesouse na historia natural, e en 1859 comunicou un ensaio sobre os Salamandridae á Academia de Ciencias Naturais en Filadelfia. Ao redor desta época estaba afiliado ao Club do Megaterio na Institución Smithsoniana, en Washington, D.C..
Formado parcialmente na Universidade de Pensilvania, logo de continuar os seus estudos en Europa foi nomeado conservador da mencionada Academia en 1865, posición que mantivo até 1873.
Entre 1864 e 1867 desempeñouse como profesor de ciencias naturais no Colexio Haveford. En 1889 foi designado profesor de xeoloxía e paleontoloxía pola Universidade de Pensilvania.
En 1858 empezou a súa competencia con Othniel C. Marsh por achar máis fósiles de dinosauros, esta foi a chamada Guerra dos Ósos, na que os dous descubriron varias especies. A pesar da súa derrota, Cope fíxose famoso polo papel que desempeñou en torno ao descubrimento dos dinosauros máis famosos do mundo actual, tales como o Triceratops, Diplodocus, e estegosauro, e estivo á fronte da maioría de achados importantes, tales como os de Dimetrodon (o cal non é un dinosauro), Camarasaurus, Coelophysis e Monoclonius, o máis ambiguo.
Entre 1871 e 1877, Cope explorou estratos cretáceos no estado de Kansas e terciarios en Wyoming e Colorado. Perdeu a citada guerra cando morreu en Filadelfia en 1897.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dinosauros nomeados por Cope (en inglés)
- Perfil de Edward Drinker CopeArquivado 19 de novembro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)